“Bagdad” é o título da exposición que o artista iraquí Hanoos inaugurou este xoves, día 11 de xuño, no centro Cultural da Deputación. Hanoos é un español de Kufa (Irak) ou un iraquí de España, que vive no noso país e que padece dende a distancia o sufrimento da terra que o viu nacer. A súa exposición é unha homaxe á cidade iraquí de Badgad e unha testemuña “al margen del culpable”, sinalou  o autor.
No Centro Cultural da Deputación de Ourense ata o día 2 de agosto.
 
 
O iraquí Hannos colga “Bagadad” no Centro Cultural da Deputación de Ourense
12 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle desde este xoves a exposición “Bagdad” do autor iraquí Hannos. A exposición é unha testemuña da gerra “al margen del culpable”, sinalou o autor, quen engadiu que “sólo se hace justicia cuando se narra, y yo quiero narrarla”, dixo referíndose ao conflicto bélico que asolou Bagdad e outras cidades do seu país.

A este respecto destacou Hannos o emprego das cores do deserto, in empregar nunca o vermello “que ya de por sí es violento”, nin esaxerar o branco e o negro “porque la realidad ya es de por sí muy cruda”.
A exposición xira ao redor dunha gran obra de 2,60 x 6,24 metros, integrada por 60 pezas.
Coa exposición figura un catálogo con textos explicativos do propio pintor, do profesor de Belas Artes no País Vasco e pintor Alberto Palomera e de Maurilio de Miguel, xornalista especializado en información cultural.

A exposición “Bagdad” pode visitarse no Centro Cultural da Deputación ate o día 2 de agosto.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página