O investigador ourensán e divulgador da cultura galega, Marcos Valcárcel, é un dos cinco persoeiros aos que este ano a Xunta de Galicia concede una Medalla Castelao. Así o acordou o Consello da Xunta deste xoves, quen destaca, no caso do ourensán, que “Marcos Valcárcel conta cunha longa traxectoria como investigador, erudito e divulgador da cultura de Galicia”. Recentemente recibiu o Premio Otero Pedrayo das deputacións galegas, e agora Marcos Valcárcel recibirá a medalla que a Xunta de Galicia creou en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o 28 de xuño dese ano.
 
Noticias Relacionadas
  Marcos Valcárcel, premio “Otero Pedrayo 2009” a proposta de Deputación de Ourense e por unamidade
 
 
Marcos Valcárcel é Medalla Castelao 2009 por acordo deste xoves do Consello da Xunta
21 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O investigador ourensán e divulgador da cultura galega, Marcos Valcárcel, foi distinguido este xoves con unha das medallas Castelao 2009 que outorga a Xunta de Galicia, segundo acordo acadado na reunión deste xoves polo Consello da Xunta.
Xunto a Marcos Valcárcel, son Medalla Castelao 2009 tamén a investigadora Tarsy Carballas Fernández, o doutor e internista Fernando Diz-Lois Martínez, o médico e etnógrafo Luciano García Alén e o tradutor Fernando Pérez-Barreiro Noia.

O Consello da Xunta fundamenta a decisión de outorgar a Marcós Valcárcel esta medalla, que con ela recoñécese “toda unha vida dedicada á cultura, ao coñecemento e a súa transmisión á sociedade cun talante aberto, dialogante, galeguista, cívico e, en

definitiva, universal”.
“Marcos Valcárcel conta cunha longa traxectoria como investigador, erudito e divulgador da cultura de Galicia, facianas ás cales engade a súa traxectoria como dinamizador cultural, xornalista de opinión, ensinante e estudioso da historia cultural, literaria e política de Ourense”, engade o Consello da Xunta.
 
A Medalla Castelao foi creada en 1984 para conmemorar o retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o 28 de xuño dese ano.
O decreto de creación deste galardón sinala que a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras e do labor dos premiados con este recoñecemento debe ser o froito da entrega dunha vida, e o reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo.

 
Volver atras
Imprimir Página