Recuperar as xoias da música medieval de Ourense. Así cualifican os expertos o libro que este mércores foi presentado na Deputación de Ourense: “La música medieval en Ourense. Pergaminos del Archivo Histórico Diocesano”, unha obra patrocinada pola Deputación e o Concello de Ourense.
A obra enmárcase nun proxecto que desenvolve a editorial Armonía Universal, que consiste na edición dunha publicación formada por tres volumes con tres estudios diferentes, pero que xuntos teñen unha unidade, e representan o estudo da totalidade da música medieval que se conserva en Ourense entre os séculos XII e XIII.
 
 
Deputación e Concello de Ourense editan un libro que recupera valiosos pergameos musicais
11 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

No ano  2007 editouse o primeiro volume sobre a música do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, agora se presenta un segundo tomo no que se inclúe a  música do Arquivo Diocesano e no vindeiro ano pretenden rematar a colección coa publicación da música do arquivo da Catedral. O autor de toda a obra é o profesor Manuel Rey Olleros.
Este mércores presentouse “La música medieval en Ourense. Pergaminos del Archivo Histórico Diocesano”, unha obra de Manuel Rey Olleros que publica a Editorial Armonía Universal, e na que patrocinan a Deputación e o Concello de Ourense.
No acto de presentación estiveron presentes, ademais do autor, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez; o editor, Carlos Núñez; o prologuista do libro, Luis Costa, e alumnos do Conservatorio de Música de Ourense.

Manuel Rey Olleros cualificou os pergameos musicais recuperados coma “as xoias medievais de Ourense”, un traballo que xa foi valorado moi positivamente –dixo- polo organista da Raíña de Gran Bretaña e pola Universidade da Sorbona. Aínda que Olleros cualifica o libro como dirixido a expertos no estudo da historia da música, afirma que é un libro “de Ourense para o mundo, e permite colocar a esta provincia na elite da investigación musical no que atinxe ao período da Idade media”.

A seguinte frase deste proxecto contempla continuar a investigación dos pergameos doutras provincias galegas, as cales contan tamén cunha importante riqueza musical medieval.
José Luis Baltar dixo que a Deputación de Ourense apoia este tipo de proxectos “e continuará apoiando a Manuel Rey Olleros no seguinte volume –que recupera pergameos do arquivo da Catedral-, xa que con esta obra completarase o estudo da música medieval en Ourense, e teremos unha obra de referencia mundial que servirá a moitos investigadores”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página