Os Bolechas xa están aquí, nas Pozas de Ourense, nas de A Chavasqueira, o Muiño da Veiga e Outariz, en calquera delas. “E se agora veñen de visita ás Pozas, agardamos que se queden”, sinalou a concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, ao presentar outra peripecia dos rapaces desta colección de literatura infantil á que lle deu vida Pepe Carreira. Noutro intento de proxecta aos potenciais termais da cidade, a titular de Termalismo considera que a da literatura infantil é outra alternativa tan válida como a que máis.
 
 
Os Bolechas veñen de visita ás Pozas, “agardamos que se queden”, dixo a concelleira de Termalismo
5 de XUÑO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A XXV edición da Feira do Libro que se celebra ata o domingo nesta cidade, foi o marco que a Concellería de Comercio e Turismo de Ourense escolleu para presentar este xoves unha nova publicación da sonada colección de literatura infantil Os Bolechas. Desta volta con Ourense e a súa cultura termal como escenario das aventuras dos seus protagonistas. De feito Os Bolechas van de viaxe ás Pozas de Ourense.
O libro, editado polo propia Concellería en colaboración coa editorial A Nosa Terra sae o mercado cunha primeira tirada de 6.800 exemplares e poderá adquirirse tanto no futuro Centro de Recepción de Visitantes como nas librerías de dentro e fora da cidade.

A propia concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, lembraba a necesidade de buscar vías alternativas para a difusión da cidade tanto entre os visitantes coma nos propios ourensáns. “Os que temos fillos pequenos sabemos que os Bolechas son sempre benvidos, e se agora veñen de visita as Pozas, agardamos que se queden”, sinalou a concelleira.
En canto á distribución, a concelleira nacionalista explicou que despois dunha primeira tirada patrocinada pola sùa Concellería (6.800 exemplares) agardan novas tiradas, incluíndo a posibilidade de editalo tamén en lingua portuguesa.
 
Volver atras
Imprimir Página