Ramón Otero Pedrayo

 
  Na Deputación de Ourense presentouse este martes un traballo biográfico do experto en literatura galega Anxo Xoán Rajó, sobre a figura de Otero Pedrayo. Publicado pola Editorial Ir Indo, o autor do libro sinalou que esta obra é “un resumo da vida e do traballo intelectual de Otero Pedrayo, incluíndo ademais unha serie de fotografías procedentes do arquivo fotográfico da Fundación Penzol de Vigo”. A obra enmárcase na colección “Galegos na historia” da referia editorial.
 
 
Presentada unha biografía de Otero Pedrayo que inclúe fotos da Fundación Penzol  
6 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Deputación provincial de Ourense presentou este martes un libro biográfico sobre a figura do senlleiro escritor ourensán Ramón Otero Pedrayo, nun acto que contou coa presencia do editor Beito Ledo, así como a do presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o autor do libro, Anxo Xoán Rajó Pazó, experto en literatura galega.

Bieito Ledo destacou de Otero Pedrayo a súa condición de “europeísta convencido”, o cal fixo de Ourense xunto con Blanco Amor, Risco, Curros e moitos máis unha das provincias máis “literaturizadas”.
Pola súa banda, José Luis Baltar cualificou a Otero Pedrayo de “extraordinario mestre da oratoria”, e amosouse disposto a seguir apoiando desde a institución provincial novas biografías doutros autores ourensáns, como é o caso de Basilio Álvarez, “un gran defensor no seu tempo dos labregos e das xentes de clase baixa, polo cal merece ter un distinguido recoñecemento”, afirmou o presidente provincial.
O autor do libro, Anxo Xoán Rajó, dixo que a obra “é un resumo da vida e do traballo intelectual de Otero Pedrayo, incluíndo ademais unha serie de fotografías procedentes do arquivo fotográfico da Fundación Penzol de Vigo”.

A colección na que se enmarca a obra “Galegos na historia” está publicada pola editorial Ir Indo. Reflicte a obra o labor de Otero Pedrayo nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos e na Editorial Galaxia, e a súa contribución ao ensino coma docente no Instituto de Ourense ou na Universidade de Santiago. A todo isto engádense unhas breves notas sobre a súa extensa obra, que ten en “Arredor de si”! un dos mellores exemplos da nosa literatura de todos os tempos.

Volver atras
Imprimir Página