Na presentación dunha nova convocatoria do Programa Europeo de Bolsas Internacionais, o presidente da Deputación, entidade que asume o 30% dos custes deste programa, subliñou que a de Ourense que preside xa é “a institución galega de referencia neste tipo de programas”. De feito, segundo Baltar Pumar, “somos e entidade co maior número de prazas ofertadas  de toda a comunidade autónoma e os que máis fondos europeos obtivemos para isto”. A Deputación de Ourense contabiliza 95 titulados universarios enrolados neste Programa.
 
 
A Deputación de Ourense convértese en “referencia” do Programa Europeo de Bolsas Internacionais
1 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Está en marcha unha nova convocatoria do Programa Europeo de Bolsas Internacionais que promove a Deputación de Ourense e que posibilita poder facer prácticas en nove países europeos durante 3 meses. Está confinanciado pola Unión Europea nun 70% e no 30% restante pola institución provincial ourensá.

Dende que se iniciou en 2008 o Programa Europeo de Bolsas Internacionais 95 titulados universitarios xa tiveron oportunidade de participar nesta iniciativa configurada como unha política activa de emprego dirixida a mellorar a empregabilidade dos participantes na mesma.
A súa distribución por sexos reflicte unha maioritaria presenza feminina. Neste sentido, o 70% son mulleres e só un 30% son homes. En canto á idade dos participantes repártese nun rango de 22 a 31 anos, e aínda que o 70% está na franxa de 24 a 27, a media de idade dos participante é de 25,5 anos.

Dos 95 titulados universitarios que xa realizaron o Programa, 62 son ourensáns (destes 30 estudaron ademais no Campus de Ourense), outros 16 estudaron no Campus de Ourense aínda que non son ourensáns e os 17 restantes non son ourensáns nin estudaron no noso Campus, o cal tamén resalta o interese espertado por este programa en titulados de todas as provincias galegas e ata doutras comunidades autónomas (Cataluña, Asturias, Canarias).

Na presentación do balance do programa, José Luis Baltar sinalou que a Deputación de Ourense “xa é a institución galega de referencia neste tipo de programas; somos e entidade co maior número de prazas ofertadas  de toda a comunidade autónoma e os que máis fondos europeos obtivemos para isto”.
O titular da Deputación engadíu que temos que ser capaces de que o noso tecido produtivo “absorba e aproveite  os recursos humanos que voltan das empresas doutros países con novos coñecementos e cun gran dominio doutros idiomas”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página