Os veciños de Coles están convocados este venres a remomorar unha curiosa tradición desta provincia, saudar á primavera coa tradiconal alfombra de frores que fan tódolos anos por estas datas. Nesta ocasión, a de este 15 de maio. O Concello convida a tódolos veciños a participar e acudir coas flores ou elementos ornamentais que consideren axeitados, a partires das tres e media da tarde. Este ano, para evitar calquera imprevisto meteorolóxico, muda o escenario e pasará a facerse no Pavellón de Deportes de Albán.
 
 
Os veciños de Coles saúdan a primavera este venres coa súa tradicional alfombra froral
15 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Coles celebrará este venres, 15 de maio, unha actividade peculiar na provinciad e Ourense, coa que, ao igual que anos anteriores, honra ao maio e ás Letras Galegas.
Entre outras que organiza o Centro de Día de Coles, que depende do Consorcio de Servizos de Igualdade, e coa colaboración do Concello, a veciñanza de Coles está convocada outro ano para elaborar a tradicional alfombra dos maios.

A tarefa veciñal de elaborar a alfombra comeza as 15:15 hs. e a organización calcula que para as cinco e media esté rematada.
Invítase á veciñanza a acudir cada quen coas seus frores, herba “ou calquera adorno para facer a alfombra”.
Hai un cambio de última hora: por mor da incerta meteoroloxía, a tarefa trasládase da Praza do Concello de Vilarchao ao Pavillón Municipal de Deportes de Albán, para evitar calquera imponderable meteorolóxico.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página