Amigos da Terra anuncia que presenta alegacións á Ordenanza municipal que regulará a xestión da canceira de O Carballiño. O colectivo ecoloxista considera o borrador publicado da Ordenanza "un reflexo da falta de interese do Concello por dispor dunhas instalacións municipais axeitadas". Según Amigos da Terra, “o borrador da Ordenanza municipal deixa baleiros tan importantes como a xestión dos cadáveres dos animais da canceira”, un aspecto que non poden descoidar os colectivos ecoloxistas dados os precedentes que se produciron nesta canceira e que aínda están por aclarar.
 
 
O Concello de O Carballiño tenta regular a xestión da canceira, pero omite a xestión dos cadáveres
27 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Amigos da Terra ven de anunciar que presenta alegacións á Ordenanza municipal que regulará a xestión da canceira de O Carballiño. A ordenanza descoida un dos aspectos máis sensibles agora mesmo de tódolos que presenta esta canceira e a xúa xestión, a dos cadáveres dos animais.
Por eso, para Amigos da Terra de entrada a ordenanza é definida como “un reflexo da falta de interese do concello por dispor dunhas instalacións municipais axeitadas”.

O colectivo incide especialmente neste aspecto, a xestión dos cadáveres, e explica que non se ten en conta a normativa que debe rexer e que regula a recollida, transporte, almacenamento, manipulación, transformación e utilización ou eliminación mediante incineración en instalacións autorizadas. Tamén a falta de nomeamento dun servizo veterinario oficial está ausente, polo que da publicidade a un documento que reflicte vagamente puntos importantes de xestión.
Ademais, o documento trata de regular o servizo de recollida, transporte e custodia dos cans e doutros animais domésticos do concello alertando, basicamente, das multas por levar un animal “solto”, ou do servizo que prestará o concello para evitar molestias e danos que poidan provocar os animais.

Sinala Amiegos da Terra que “non se fai referencia algunha a que tipo de programa de adopción dos cans se vai elaborar dende o Concello, nin das campañas de concienciación ou sensibilización que xustifiquen unha das razóns da existencia deste tipo de instalacións”.
Asemade, propón un horario de visitas do público escaso, “limitando as posibilidades de poder efectuarse adopcións polos visitantes”, sinala Amigos da Terra.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página