"Rebulir" de Ramirás ten todo preparado para a III edición da Noite de Fiadeiro que se celebrará este vindeiro sábado, día 25. O programa arrancará cun Obradoiro de Xogos e Enredos Tradicionais ás cinco e media da tarde, e rematará cunha queimada as doce da medianoite. Ás oito e media abrirarse o Torreiro do Fiadeiro que comezará ás nove. Sinalan os organizadores que "non é un festival nin unha actuación dos grupos sen máis, a intención é que os asistentes participen do ambiente de troula".
 
 
"Rebulir" reedita en Vilavidal este sábado a Noite de Fiadeiro para conversar, bailar e troular
22 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Praza de San Andrés de Vilavidal será o escenario, un ano máis, da "Noite de Fiadeiro" que organiza Rebulir, a Escola de Baile e Música Tradicional de Ramirás. A cita é para este sábado, día 25 de abril. "Non é un festival nin unha actuación dos grupos sen máis, a intención é que os asistentes participen do ambiente de troula", sinalan os organizadores. Que avisan, ademais, que haberá un pouco de todo para ir tirando ata a medianoite e, chegadas as doce, rematar cunha cunca de queimada.

O obxectivo da iniciativa é recuperar os antergos fiadeiros como convocatorias abertas a tódolos veciños qe se xuntaban para conversar, bailar e troular. A iniciativa partiu no seu momento da Escola de Baile e Música Traidicional "Rebulir" de Ramirás, que fixou para o sábado que ven a terceira edición desta cita anual.
Será na Praza de San Andrés de Vilavidal, como nas ocasións anteriores.

Dez grupos participarán nesta xuntanza, seis de Ourense e outros catro do resto de Galicia. Entre estes últimos están Os Chicisos de Bueu, Atalúns de Pontevedra, Pandereteiras Lecer de Pazos de Borbén e Cantareiros Maghúa de A Coruña.
En calquera caso "non é un festival nin unha actuación dos grupos sen máis, a intención é que os asistentes participen do ambiente de troula, e que mesmo se animen a botarlle uns puntos ou uns agarrados porque o torreiro está aberto a todos", sinalan os organizadores.
Que, ademais, anuncian a presencia de "pulpo, comida e taberna para ir repoñendo forzas e que as pernas non fallen".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página