Home  
 
 
 
 
 

Coa cea-festa, no curso da que terá lugar a homenaxe propiamente dita ás "Vitimas silenciosas", acadan o seu cumio os actos dos Amigos da República celebrando a data do 14 de abril. As "Vítimas silenciosas" son as principais lembradas nesta ocasión e decir, as familias que viron como algún dos seus membros perdía a vida por manter a súa lealdade á República. Situacións deste tipo exemplarízanse este venres nos casos das familias de Manuel Suárez Castro, o alcalde socialista executado o 27 de xullo do 37, e a do mecánico de Maligre e membro da UGT, Víctor Pérez Bóveda, de quen a última pista que a súa familia ten o situou na localidade leonesa de Vega de Viejos.

 
 
Amigos da República rinde homenaxe este venres ás "Vítimas silenciosas" do franquismo
17 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Persoas que foron fusiladas, “claudiadas”, enterrados en fosas comúns, asasinadas polos nazis nos campos de concentración ou fusiladas por estes cando axudaban á liberar Francia. Son as "Vítimas silenciosas" ás que honran este ano os Amigos da República.

Dúas delas son o matrimonio formado por Manuel Suárez Castro e Celedonia Bretaña Montes. O “delito” de Manuel por ser socialista e alcalde de Ourense pagouno coa súa propia vida o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón. Ademais da tristura por perder ao pai, a viúva e os 4 fillos coñeceron a partir daquel momento a penuria.

Similar situación foi a que viviu Serafina Fernández Fernández, dona de Víctor Pérez Bóveda, membro da UGT, mecánico en Malingre, quen tras a caída de Asturias entrégase en Vega de Viejos (León). Dende o 31 de outubro de 1937 este tenente do Exército do Goberno lexítimo está desaparecido. Viúva e 3 fillos tiveron que disgregarse para poder subsistir.

Como representantes de todas as familias que padeceron persecución, penurias e a inxustiza están Lolita Suárez Bretaña, filla de Manuel e Celedonia, e Manuel Pérez Fernández, fillo de Víctor e Serafina, quenes estarán presentes na conferencia no Paraninfo –lugar onde os golpistas condenaron a morte a cantidade de persoas, incluído Manuel Suárez-.
Así comeza este venres a xornada forte dos actos dos Amigos da República deste 14 de abril, que teñen neste venres o seu día central.
A continuación terá lugar a Cea-Festa da República, en Santa Cruz. Ao remate, a Big-Band da Deputación de Ourense porá a nota musical.

 

 
Volver atras
Imprimir Página