Home  
 
 
 
 
  Ao cumprirse os 50 anos da edición en Bos Aires de "A Esmorga", a Deputación de Ourense celebrará a data este venres, día 3 de abril, con un acto que se vai celebrar no Centro Cultural da institución provincial ourensá e no que tomará parte o Pen Clube de Galicia e a Editorial Galaxia. Intelectuais como o presidente do Pen Clube, Luis González Tosar, Manuel Forcadela e Isáac Díaz Pardo, teñen comprometida a súa presenza neste acto a partires das oito da tarde.
 
 
A Deputación de Ourense celebra este venres os 50 anos da edición de "A Esmorga" de Blanco Amor
3 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación provincial de Ourense honrará o 50 aniversario da edición de “A Esmorga”, de Eduardo Blanco Amor, nun acto que se celebrará esdte venres, día 3 de abril, xusto o día que se cumple o medio século da edición en Bos Aires deste símbolo da novela galega.
O acto, promovido pola Deputación, terá lugar no Centro Cultural, a partires das 20:00 horas, coa  colaboración do Pen Clube de Galicia e da Editorial Galaxia, ademais da institución provincial.

No acto teñen comprometida a súa pesenza o escritor, poeta e presidente do Pen Clube de Galicia, Luis González Tosar, Manuel Forcadela, o director da Editorial Galxia, Víctor Fernández

Freixanes, e Isaac Díaz Pardo, ademais do presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar.
O acto será libre e a Deputación agasallará a cada asistente cun exemplar de "A Esmorga".
Lembra a institución provincial que, xa no seu día, fixo unha edición especial que distribuíu entre os institutos da provincia para promocionala lectura desta "proba singular da narrativa galega".
 
Volver atras
Imprimir Página