Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  Comeza a implantación da rede "Ourense Wifi", anunciou o Concello de Ourense este xoves a raíz do acordo da Xunta de Goberno Local que autoriza a apertura do primeiro punto de acceso inalámbrico e un Telecentro de Novas Tecnoloxías na rúa Progreso. O centro ubicaráse nun espazo de uns 200 metros cadrados, e supón un investimento de 120.000 euros. A súa actividade será dirixida pola Dirección Xeral de Promoción Económica do Concello desta cidade.
 
Noticias Relacionadas
  A Xunta de Goberno adxudica cinco novas obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais
  Ourense refuerza su parque móvil, que heredó "moi deteriorado" del anterior gobierno, según Varela
 
 
O Concello bota a andar o Ourense sen fíos, "Ourense Wifi", co primeiro punto na rúa do Progreso  
13 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense aprobou este xoves na Xunta de Goberno o protocolo de apertura do Telecentro de Novas Tecnoloxías e Formación que, ubicado na rúa Progreso, abrirá as súas portas en próximas datas, e que incluirá o primeiro punto de acceso inalámbrico a Internet da rede municipal "Ourense Wifi". O Ourense sen fíos era un dos contidos programáticos contemplados polo actual alcalde socialista, Francisco Rodríguez, na campaña das Municipais de 2007, que agora se bota a andar.

Concretamente, o Telecentro de de Novas Tecnoloxías é unha infraestructura municipal desenvolta en colaboración coa Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, que conta con 20 terminais de ordenador, videoconferencia, sala de formación e o mencionado punto de acceso Wifi a Internet.
A súa actividade, que será dirixida pola Dirección Xeral de Promoción Económica do Concello de Ourense, estará centrada en cursos de teleformación, así como en proporcionar ós colectivos que o soliciten unha avanzada infraestructura informática para a celebración de cursos, congresos e actividades que requiran a videoconferencia.

O investimento realizado no Centro de Teleformación supera os 120.000 euros, e permiten ubicar nun local de case 200 metros cadrados en pleno centro de Ourense as máis avanzadas tecnoloxías de fibra óptica, videoconferencia e telefonía IP, wireless e teleformación.

Volver atras
Imprimir Página