Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense aprobou en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno desta celebrada na mañá deste martes, dous novos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local cun importe de 236.198,78 euros, e adxudicou provisionalmente as obras de tres proxectos máis cun valor de 1.208.271 euros. Enrtre as obras adxudicadas están as de rehabilitación do Fogar do Transeúnte con máis de medio millón de euros de orzamento.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
O Concello adxudica as obras de rehabilitación do Fogar do Transeúnte a Proyecón Galicia
11 de MARZO de 2009: OURENSE DIXITAL

Dous proxectos aprobados e tres adxudicacións de obras tamén no seu día aprobadas polo MAP con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais, é o resultado da reunión extraordinaria celebrada na mañá deste martes pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense.

Por unha banda, aprobouse o proxecto e expediente de contratación das obras de mellora do parque infantil e Ferro Couselo no barrio de Vistahermosa, por un importe de 110.198,65 euros.
Tamén se aprobou o proxecto e expediente de contratación das obras de mellora da praza 500 e arredores de Barrocás, por un importe de 126.000,13 euros.

Por outra banda, na mesma sesión, adxudicáronse tres novas obras do Fondo Estatal de Investimentos Locais. As obras de rehabilitación do Fogar de Transeúnte foron adxudicadas á empresa PROYECON GALICIA, por 518.885 euros.
Tamén se adxudicaron provisionalmente as obras de rehabilitación de edificación e reparación do muro de peche do cemiterio de San Francisco, á empresa CONSTRUCCIONES OREGA, S.L., por un total de 342.278,53 euros.
Por último, na sesión extraordinaria desta mañá foron adxudicadas provisionalmente as obras de adecuación de espacio para equipamento sanitario no barrio do Vinteún á empresa CONSTRUCCIONES VALE, S.L., por un importe de 347.107,47 euros

Volver atras
Imprimir Página