Home  
 
 
 
 
  “Estamos a falar de dous espazos senlleiros, protexidos, o do único parque nacional do lado portugués e o parque natural máis grande da parte de Galicia”, salientou Pérez Touriño trala reunión que mantivo o presidente da Xunta de Galicia co ministro de Ambiente, Ordenación do Territorio e Desenvolvemento Rexional de Portugal, Francisco Nunes Correia. Touriño adiantou que confían en que o Parque Xurés-Gerês será declarado no vindeiro mes de abril Reserva da Biosfera, o que o convertirá no primeiro parque transfronterizo do espazo ibérico que obteña dita declaración.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Touriño di que no vindeiro abril o Parque Xurés-Gerês podería ser declarado Reserva da Biosfera
14 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou este martes que está previsto que no vindeiro mes de abril, se produza a declaración como Reserva da Biosfera do parque transfronteirizo Xurés-Gerês. Así o asegurou logo da xuntanza que mantivo co ministro de Ambiente, Ordenación do Territorio e Desenvolvemento Rexional de Portugal, Francisco Nunes Correia, nun encontro no que tamén participaron o titular de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride.

Durante a xuntanza, segundo explicou Pérez Touriño, “puxemos en valor este proxecto compartido para lograr a declaración, por parte da Unesco, da Reserva da Biosfera do parque Xurés-Gerês”. “Estamos a falar de dous espazos senlleiros, protexidos, o do único parque nacional do lado portugués e o parque natural máis grande da parte de Galicia”, abondou o presidente galego indicando que, en total, abrangue un territorio de máis de 33.000 hectáreas da provincia de Ourense.

“Un espazo que será no seu caso, esperamos que así sexa, no momento de ser declarado reserva da biosfera o primeiro parque, a primeira declaración dun parque conxunto no espazo ibérico”, abondou insistindo en que a tramitación “está moi avanzada” e que pola información da que dispoñen “temos a idea de que antes do verán, en torno ao mes de abril, é probable que se produza a decisión da toma da candidatura”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página