Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense axilizará a construcción dun gran parque público na marxe do río Barbaña (rúa Avilés de Taramancos) coa inclusión deste proxecto dentro do Fondo Estatal de Investimento Local. A Xunta de Goberno do Concello, na súa última sesión, aprobou a presentación deste proxecto elaborado pola Concellería de Medio Ambiente, á convocatoria dos fondos de investimento realizada polo goberno central. Na mesma sesión  da Xunta de Goberno Local aprobáronse as obras para reforma e acondicionamento do enlace peatonal da Avda. de Marín coa de Santiago na súa intersección e coa formación de parque para disfrute vecinal, por un importe de 352.382,12 Euros.
 
 
O Parque da rúa Avilés de Taramancos será o quinto proxecto da cidade ao Fondo Estatal de Investimentos
24 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Parque da rúa Avilés de Taramancos, na marxe dereita do Barbaña xa preto da Ponte Lebrona, convírtese no quinto proxecto que o Concello de Ourense presentará ao Fondo Estatal de Investimento Local. Así o aprobou este martes a Xunta de Goberno Local.
O proxecto desenvolverase na marxe do río Barbaña no tramo comprendido entre as rúas Ervedelo e Pardo de Cela, cunha superficie de 5.000 metros cadrados. Está concebido como un punto de encontro interxeneracional, no que compatibilizar o paseo coa relaxación e o disfrute da natureza coa práctica de xogos por parte dos cativos. O proxecto recupera as especies vexetais características das orixes desta zona da cidade, Ervedelo, que recibiu o seu nome pola gran presencia destas árbores, os érbedos, que serán protagonistas deste parque.
O proxecto inclúe unha lámina de auga, unha zona de xogos infantís con elementos moi novidosos, e un templete elevado concebido como un espacio de relaxación e descanso, entre outros elementos que permitirán recuperar e poñer en valor este espacio situado na  marxe do río Barbaña.

Na mesma sesión da Xunta Local de Goberno aprobáronse as obras para reforma e acondicionamento do enlace peatonal da Avda. de Marín coa de Santiago na súa intersección e coa formación de parque para disfrute vecinal, por un importe de 352.382,12 Euros.
O obxecto das obras é dotar duns accesos cómodos ó enlace, á vez que se sanea e aproveita a franxa de terreo comprendida entre os edificios destinados á docencia e a Avda. de Santiago no seu comezo.

Por outra banda aprobouse a instalación de alumeado público con sistema de telexestión para aforro enerxético no paseo fluvial do Río Barbaña, no tramo entre O Polvorín e o Pazo dos Deportes Paco Paz, por un importe de 501.149,67 Euros. As instalacións proxectadas sustituirán ó alumeado exterior actualmente existente na zona, que presenta un rendemento e un estado de conservación e seguridade moi deficiente.
Mediante este proxecto, instalaranse un total de 168 puntos de luz, con vantaxes como un fácil recambio, moi pouco requentamento e a posibilidade de colocalas directamente sobre calquer material. As lámpadas que se instalarán seguen a liña da Concellería de Medio Ambiente, que opta nas últimas obras -coma o Xardín do Posío-, por lámpadas de alto aforro enerxético e baixo consumo, que controlan a luz solar, e a partir da 1:00 h. reducen o consumo e a intensidade nun 50%.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página