Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense ven de acadar medio millón de euros gracias á venda de patrimonio municipal de solo adquirido mediante aproveitamentos urbanísticos, que serán adicados durante 2009 ás obras de explanación, movemento de terras e cerramento do Parque Botánico de Montealegre. Os terreos, vendidos á Xunta de Galicia, serán destinados a construir máis de 40 vivendas protexidas de promoción pública, e dous deles pasarán ó patrimonio do Concello para adicalos ás políticas de Muller, segundo informa o propio Concello de Ourense.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense
O Concello recada para comezar en 2009 as obras previas do Parque Botánico do Montealegre
23 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa reunión deste luns, allear á Consellería de Vivenda e Solo  da Xunta de Galicia as catro parcelas situadas en diferentes áreas de reparto, que se destinarán á construcción de vivendas protexidas de promoción pública.
Trátase das parcelas B AR 16-O, 4 AR 26-O, C AR 20 - E e B-P AR 16-N. O precio total do alleamento é de 679.797,33 euros máis IVE, dos que o Concello recibirá en metálico 491.890,34 máis IVE, que se abonarán no momento da sinatura do contrato de compravenda. A parte restante percibirase en forma de 2 vivendas de 81 metros cadrados útiles de superficie e rematadas que se construirán na parcela 4 AR 26-O, valoradas en 187.906,99 euros.

As parcelas suman unha edificabilidade de aproximadamente 4.000 metros cadrados construibles que permitirán edificar entre 40 e 50 vivendas protexidas de promoción pública, que sairán ó mercado a un prezo aproximado duns 90.000 euros (90 metros cadrados).
Precisa o Concello de Ourense que a Área de Reparto 26-O atópase no barrio de Mariñamansa, próxima á rotonda de inicio da Avenida de Nosa Señora da Saínza; a AR 16 O, está no Povorín, moi próxima ó inicio da rúa Marcelo Macías e ó Xardín do Posío; a AR 16-N atópase nas proximidades do barrio de Covadonga; e a AR 20 - E está nas preto de Barrocás.

Adxudicadas as obras do Centro Cívico de A Cuña

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local adxudicou definitivamente as obras  de reforma do edificio que se destinará a Centro Cívico en A Cuña. As obras serán realizadas poñla empresa Edimiño, por un importe de 123.750 euros IVE engadido. Tamén se adxudicaron definitivamente as obras do proxecto básico e de execución de reforma de local para centro de recepción de visitantes, á empresa TEFAR, S.L., por un importe de 130.964 euros, cun prazo de execución de dous meses, con cargo á partida do Plan de Dinamización do producto turístico

A Xunta Local tamén aprobou adxudicar provisionalmente os servicios de consultoría e asistencia técnica necesarios para a elaboración dun plan estratéxico de competitividade turística á empresa Ros Development & Planning S.L. por un importe de 49.822 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página