Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes recomenda aos mozos e mozas que fagan uso do Noitebús nos seus desprazamentos durante as datas de Nadal. A Dirección Xeral de Transportes informa de que o servizo de Noitebús será reforzado durante estas datas. En total serán 130 liñas, das que 119 xa viñan funcionando de xeito habitual ao longo do pasado outono e outras 11 engadiranse os vindeiros días, tal e como solicitaran concellos e empresas. Un total de 22 delas perteñecen á provincia de Ourense.
 
 
O Noitebús porá en marcha este Nadal en Ourense 22 liñas ao prezo de 2 euros a viaxe  
22 de DECEMBROde 2008: OURENSE DIXITAL

O Noitebús é unha das medidas incluídas no Plan Galego de Seguridade Viaria 2006-2010 da Xunta de Galicia coordinado pola CPTOPT a través do Comisionado de Seguridade Viaria  co fin de atallar a siniestralidade nas estradas.
Precisamente, dado que as festas do Nadal son unha das épocas nas que se rexistran maiores desprazamentos nocturnos, Política Territorial fai un chamamento aos mozos a empregar o Noitebús como unha alternativa segura, cómoda e asequible respecto ao uso do vehículo privado, e, sobre todo, como unha medida que, singularmente, vai dirixida a mellorar a seguridade viaria dos máis novos e, por tanto, reducir a siniestralidade en desprazamentos realizados no tempo de lecer.

En total habilítanse en Galicia 130 liñas para estas datas de Nadal. Viaxar neste servizo custará 2 euros. Na provincia de Ourense funcionarán estas 22 liñas:

1.- Bande-Celanova-A Manchica-Ourense
2.- Loiro-A Valenzá-Ourense
3.- Maceda-Ourense
4.- Caldesiños-Viana do Bolo
5.- Edroso-Viana do Bolo
6.- Pereiro-A Gudiña-A Mezquita
7.- Terroso-Vilardevós-Verín
8.- Doade (Beariz)-Forcarei
9.- As Laxas (O Irixo)-Piñor-O Carballiño
10.- Barbantes (Punxín)-O Carballiño
11.- Beariz-Boborás-O Carballiño
12.- Ribadavia-Leiro-O Carballiño
13.- Ourense-Allariz
14.- Ourense-Carballiño
15.- Ourense-Ribadavia
16.- Pallota (Piñor)-O  Carballiño
17.- Parque de San Lázaro-Amoeiro-Parque de San Lázaro
18.- Coles-Ourense
19.- Ourense-Barra de Miño
20.- Trellerma (Toén)-Ourense
21.- Vilamarín-Ourense
22.- Toén-Barbadás-Ourense

Volver atras
Imprimir Página