Home  
 
 
 
 
  Os alumnos da Escola Municipal de Música participarán este xoves no acto de Festival de Nadal, a partir das 18:30 horas.
No mesmo acto, os alumnos de linguaxe musical formarán un gran coro para acompañar a Orquesta da Emmo
 
 
A Escola Municipal de Música de Ourense celebra este xoves o tradicional Festival de Nadal  
18 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense ofrece este xoves, a partir das 18:30 horas o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. No concerto, participarán os alumnos de música e movemento e os alumnos das distintas especialidades instrumentais e agrupacións. Asimesmo, os alumnos de linguaxe musical formarán un gran coro para acompañar dous temas do repertorio da Orquesta da Emmo, que pechará o festival.

O acto constará de varias partes:

Conto musical “Dous burros enamorados”: alumnos de música e movemento contarán, cantarán e tocarán un conto de Nadal, onde a voz e os instrumentos de pequena percusión serán os protagonistas.
Concerto de agrupacións instrumentais: Mostra o repertorio traballado no primeiro trimestre do curso.
Concerto final da Orquesta da Emmo: mostra do repertorio traballado no primeiro trimestre e colaboración dunha gran agrupación vocal formada polos alumnos/as de linguaxe musical.
Chegada de Papá Noel a Emmo: Os alumnos da escola recibirán a Papá Noel cun pequeno concerto de panxoliñas.

O acto concluirá co tradicional ágape da Asociación de Nais e Pais da escola para todos os participantes e asistentes ó Festival de Nadal.

Volver atras
Imprimir Página