Home  
 
 
 
 
Cun investimento de 41.000 euros, o Parque do barrio de Os Rosais desta cidade ven de completar unha importante transformación. Procedeuse o acondicionar e axardinar a zona, canalizar as augas pluviais, adaptar para os minusválidos un paseo e acondicionar un noiro colindante co Camiño dos Arreiros que comunica co Rúa San Mamede. O alcalde, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá visitaron este mércores o Parque unha vez rematadas estas obras que se fixeron con cargo ós chamados "orzamentos participativos".
 
 
 
Rematan os traballos para acondicionar o Parque de Os Rosais cun investimento de 41.000 euros
18 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron este mércores as instalacións do Parque Os Rosais, recentemente acondicionado polo Concello de Ourense. Cunha cantidade investida de 41.000 euros, procedeuse ó acondicionamento e axardinamento da zona, así como á canalización das augas pluviais. Ademais, adaptouse un paseo para minusválidos que comunica o parque A-6 coa praza dos Rosais, e procedeuse ó acondicionamento dun noiro conlindante co Camiño dos Arrieiros, que comunica coa Rúa Serra San Mamede, mediante a canalización das augas pluviais e limpeza de cunetas.

Por outra banda, creouse unha zona recreativa e deportiva, destinado a persoas de tódalas idades, xa que se procedeu á instalación de columpios e elementos de circuito deportivo, así como equipamento apto para exercicios de rehabilitación.
O alcalde, Francisco Rodríguez, sinalou “o compromiso material cos barrios, e a discriminación positiva nunha zona ata agora carente de infraestructuras”. Dende hoxe, os veciños teñen unha “maior e mellor accesibilidade” e poden disfrutar dun parque “adecuado ás súas necesidades”.

Pola súa parte, a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, remarcou a necesidade do acondicionamento levado a cabo, xa que “é unha zona que no seu momento quedou abandonada, nunca se adecentou e non tiña accesibilidade”. Ademais, o gran crecemento do barrio fai evidente a necesidade destas melloras.

Volver atras
Imprimir Página