Home  
 
 
 
 
  "Até o 30% das inscricións poder ser erróneos", sinalou este mércores na Cámara Alta o senador ourensán por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, para acadar un pronunciamento favorable do Senado no sentido de instar ao Goberno a depurar o Censo Eleictoral de Residentes Ausentes, o CERA. A iniciativa do senador nacionalista saliu adiante cunha enmenda introducida polo Grupo do PSOE. Durante a súa intervención, Xose Manuel Pérez Bouza puxo múltiples exemplos de a actualización do CERA "non funciona correctamente". Así denunciou que "cada día tramítanse de media 27 altas no CERA, pero apenas se producen baixa, a pesar da avanzada idade de moitos nos nosos emigrantes e do importante volume de retornados". Pérez Bouza subliñou a necesidade de disipar a máis mínima dúbida sobre o proceso electoral galego do vindeiro mes de marzo
 
 
O Senado insta ao Goberno a "depurar" o Censo dos Ausentes antes das vindeiras eleccións galegas
Xosé Manuel Pérez Bouza, este mércores no Senado
18 de DICIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O pleno do Senado aprobou este mércores por unanimidade unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que se insta ao Goberno a depurar o Censo Eleitoral de Residentes Ausentes (CERA), antes das próximas eleccións galegas.
A día 1 de novembro, o CERA está integrado por 33.798 eleitores en Galiza, o que supón o 27% do total dos inscritos no Estado español (1.233.568 persoas).
En concreto, a moción aprobada este mércores tras permitir o BNG que o PSOE introducira unha enmenda, insta ao Goberno a "dotar a todos os consulados do Estado Español dos recursos humanos e técnicos necesarios para poder levar a cabo durante o mes de xaneiro do próximo ano 2009 un proceso extraordinario de revisión exhaustiva do CERA".

"Este proceso de revisión do CERA deberá ter continuidade no tempo, realizándose, polo tanto, de forma permanente, emitindo o Goberno un informe estatístico público anual sobre as altas e baixas que se produzan no CERA, incluíndo no caso das baixas a causa que as teña motivado", sinala o senador ourensán Pérez Bouza. Considérase que "a depuración do CERA é imprescindíbel para garantir a limpeza democrática das próximas eleccións galegas".

Segundo Pérez Bouza é preciso que "nas eleccións galegas previstas para marzo de 2009, o voto da cidadanía galega no exterior poida exercerse coas mínimas sombras de fraude que contribúan a poñer en dúbida o resultado eleitoral".
O senador nacionalista falou insistiu na necesidade de facer unha "depuración" do censo de Residentes Asentes, algo que calificou de "crucial para garantir un proceso eleitoral limpo e democrático, especialmente en Galiza, onde o CERA xa representa o 12,65% do eleitorado, e decanta maiorías e minorías, mentres que no conxunto do Estado os residentes ausentes só representan o 3,52% do censo eleitoral", dixo Pérez Bouza.

Até un 30% de inscricións erróneas

Durante a súa intervención, Xose Manuel Pérez Bouza puxo múltiples exemplos de a actualización do CERA "non funciona correctamente".
Así denunciou que "cada día tramítanse de media 27 altas no CERA, pero apenas se producen baixa, a pesar da avanzada idade de moitos nos nosos emigrantes e do importante volume de retornados".
A este respeito, lembrou que, "segundo dados do propio Ministerio de Asuntos Exteriores e da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galiza, como mínimo habería 50.000 inscricións erróneas só entre a colectividade galega, polo que unha depuración exhaustiva reduciría até nun 30% o número de posíbeis eleitores".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página