Home  
 
 
 
 
  Chega a Ourense, onde quedará instalada desde este martes ata o día 15 de decembro, "Un anaquiño de Nicaragua", unha exposición na que o fotógrafo galego Fernando Bellas mostra en imaxes a situación da poboación máis desfavorecida do país centroamericano. Esta exposición e libro de fotografías son os primeiros documentos da viaxe a Nicaragua de representantes de Cultura Solidaria Galega, Fernando Bellas, Ánxela G. Abalo e Gustavo Pernas, organizada pola delegación en Galicia de "Acción contra a Fame". Sina o propio Fernando Bellas a propósito desta reportaxe, que "Debía reflejar con mis fotografías el estado de las comunidades próximas a Somoto, en el departamento de Madriz. Diciembre es un mes atípico, la Navidad se hace patente en medio de la pobreza, sabía que podría afectarme. Viajé con ese pensamiento”.
 
 
O Liceo acolle as fotografías do galego Fernando Bellas sobre "Un anaquiño de Nicaragua"
2 de DECEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

“Días atrás Acción contra el Hambre me invitó a cooperar en uno de sus proyectos en Nicaragua. Debía reflejar con mis fotografías el estado de las comunidades próximas a Somoto, en el departamento de Madriz. Diciembre es un mes atípico, la Navidad se hace patente en medio de la pobreza, sabía que podría afectarme. Viajé con ese pensamiento”. Así explica Fernando Bellas a súa decisión de colaborar con Acción contra a Fame, un compromiso que perdura despois da viaxe a Nicaragua e que nestes días faise máis patente que nunca gracias á inauguración da súa exposición “Un Anaquiño de Nicaragua”. Esta exposición chega agora a Ourense, este día 2, e aquí permanecerá ata o 15 deste mes no Liceo da capital ourensá.

Do 2 ao 15 de decembro os asistentes terán a oportunidade de coñecer máis de cerca a realidade dun dos países máis pobres de Centroamérica, onde un de cada catro nenos padece desnutrición crónica e máis da metade da poboación non dispón de condicións básicas de hixiene.
Esta exposición e libro de fotografías son os primeiros documentos da viaxe a Nicaragua de representantes de Cultura Solidaria Galega, Fernando Bellas, Ánxela G. Abalo e Gustavo Pernas, organizada pola delegación en Galicia de "Acción contra a Fame".

Recórdase que "Acción contra a Fame" traballa en Nicaragua desde o ano 1.996 tratando a desnutrición crónica infantil, mellorando o acceso á auga e saneamento básico da súa poboación, favorecendo a seguridade alimentaria e a diversificación da dieta e axudando a sobrepoñerse a desastres naturais coma o furacán Mitch, Stan ou o Félix.

A exposición permanecerá no Liceo desta cidade ata o día 15 deste mes, e poderase visitar de 10 da mañá a 10 da noite.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página