Home  
 
 
 
 
 

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, inauguraron este martes o Senda Verde de Outariz a Untes, con 4 novos Km. que se engaden ós 11 Km. xa existentes. A inversión do proxecto alcanza os 376.000 euros, financiados nun 70% por fondos europeos Leader Plus, en virtude dun contrato asinado o 30 de decembro de 2006 por Valmiño e o Concello de Ourense, e o proxecto foi executando nun tempo récord, sinala o Concello de Ourense, xa que só se empregaron dous meses dende a chegada da corporación actual, "posto que AGADER concedeu unha obra que debería estar executada, certificada e pagada o pasado 31 de outubro".

 
 
A Senda Verde de Outariz a Untes aporta a Ourense catro novos quilómetros de paseos fluviais
26 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

A Senda Verde de Outariz a Untes é xa unha realidade, ainda que non allea a unha serie de peripecias que tuvo que solventar o Concello de Ourense. A AGADER concedeu unha obra que debería estar executada, certificada e pagada o pasado 31 de outubro, e a Confederación Hidrográfica Nacional obrigou á prorrogación dos prazos, por una problemática co ancho do terreo.
A Senda Verde inaugurada este martes supón un novo concepto ambiental, menos ancho que os restantes 11 Km., cun máximo de 1,5 m. Segundo destacou o alcalde de Ourense, "este proxecto supón un acento máis que mellora a calidade de vida de todos os ourensáns, nunha cidade orgullosa dos seus paseos fluviais, con estes 4 novos Km., que

teñen un especial esforzo por integrarse na natureza", sinalou Francisco Rodríguez.
Asimesmo, salientou o rexidor municipal o "valor natural do novo entorno de espacio ambiental", no que hai unha variedade de especies como sobreiras, carballos, érbedos, amieiros, canizos e outra fauna exclusiva da cunca fluvial ourensá.

Por outra banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, destacou o novo concepto de responsabilidade ambiental que supón esta senda verde, que cumpre todos os parámetros de certificación ambiental para o respeto ó entorno. "Estamos ante unha nova xeración de sendas ecolóxicas que manteñen o firme de terra para gardar respeto polo entorno", sinalou.
Asimesmo, Tito Espinosa mostrou o seu desexo de que proxectos como este se vexan complementados con novos proxectos de señalización de flora e fauna, e unha Aula de Natureza que interprete a fauna e flora do Miño.

O Xardín do Posío dispón de novo alumeado público

Xa pola tarde, os mesmos protagonistas para outra posta en marcha: a da mellora do alumeado público no Xardín do Posío, que supuxo unha achega de 70.000 euros de presuposto.
A mellora consiste na sustitución das columnas luminosas no paseo central con un rendimento moi baixo, por outras de alta eficacia, que supón a mellora da intensidade lumínica media de 6 a 30 lux, sen aumentar o consumo.

Asimesmo, a iluminación equipouse con dispositivos de lámpadas de sodio que controlan a luz solar, e a partir da 1:00 h. reducen o consumo e a intensidade nun 50%. Como complemento á nova iluminación produciuse, dentro do mantemento normal do Xardín, e formando parte do Plan de Aforro enerxético da Xunta, a limpieza das ópticas das lámpadas e a sustitución de equipos magnéticos por electrónicos de menor consumo e maior vida. Tamén se recortou a potencia das lámpadas existentes de vapor de mercurio de 125 watios, por outras de haloxenuros metálicos de 100 watios, reducindo de media 25 watios para cada luminaria, e aumentando a eficacia de 50 a 81 lm/m2.

Paralelamente a estas melloras, na parte superior do propio Xardín do Posío procedeuse á colocación, con cargo ó Plan Urban, de pavimento flexible absorbente en torno ós columpios, para mellorar a zona de xogo dos máis novos.

Volver atras
Imprimir Página