Home  
 
 
 
 
   “A estrada provincial que comunica Ourense con Toén atópase nun estado de deixadez absoluta, non só polos responsables da Deputación, senón tamén polos gobernantes do PP de Barbadás”. Coesta aseveración, os socialistas de Barbadás denuncian unha situación que, segundo o portavoz, Xosé Carlos Valcárcel, hoxe por hoxe representa problemas incluso de seguridad vial para o tránsito por ela de peóns. Sinala o portavoz socialista que a postura do PSdeG-PSOE xa ten sido manifestada ao alcalde de Barbadás, pero que tanto Freire Couto como o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, evitan solucionar os problemas que representa a estrada.
 
 
O PSOE de Barbadás alerta da perigosidade da estrada provincial que sube ata o Hospital de Piñor
25 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Ás incomodidades que representa o feito de que moitas persoas que a cotío teñen que desplazarse ao Hospital de Piñor teñan que deixar o autobús urbano no nucleo de Cabeza de Vaca e logo desplazarse a pé durante un kilómetro, engádese o feito da nula seguridade viaria que presenta este tramo da estrada que sube dende a capital ourensá a Toén.
Sinala o portavoz do PSdeG-PSOE, Xosé Carlos Valcárcel, que sigue sin haber beirarrúas, co que "non hai espacio físico suficiente para poder camiñár sen invadir a estrada".
A esta carencia engádese que tampouco hai a suficiente iluminación pública, un aspecto que empeora o estado desta estrada, "tendo en conta que Ourense está tan só a 3 kilómetros e a situación deste vial mesmo é similar a calquera recuncho pouco transitado de calquera aldea de zona de montaña da pronvia ourensá", sinala o portavoz socialista no concello de Barbadás.

Valcárcel recorda que o arranxo de esta estrada é competencia da Deputación de Ourense e do Concello de Barbadás, e recorda que o PSdeG-PSOE xa trasladou a ambas institucións con anterioridade esta situación. Valcárcel considera que "é lamentable atoparnos día tras día cunha imaxe máis propia do século XIX, é dicir, ver como as persoas que acuden a visitar ós seus familiares ó hospital de Piñor teñen que mesmo poñer en risco a súa integridade física ata chegar ó centro hospitalario".
O portavoz socialista denuncia que tanto o presidente da Deputación como rexedor de Barbadás, ambos do Partido Popular, evitan o asunto, o que provoca que a situación da estrada siga empeorando co paso do tempo sin que se lle poña solucións aos problemas de seguridade física que representa para os peóns.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página