Home  
 
 
 
 
  Os investigadores mozos galegos gañaron no concurso de proxectos da Galiciencia, a feira da ciencia organizada pola Tecnópole, con dous proxectos baseados nas enerxías limpas. Os alumnos do Colexio Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar (Ourense) e do Colexio Alborada (Vigo) fixéronse co primeiro e segundo premio, respectivamente, como resultado da votación realizada polos visitantes da exposición ao longo dos tres últimos días. O traballo gañador consiste nun bioedificio que é capaz de autoabastecerse só a través das enerxías renovables. A Galiciencia pechou con 2.700 persoas que se achegaron ao Auditorio de Ourense onde tivo lugar, das cales 2.150 foros escolares de toda Galicia.
 
 
Enerxías limpas e investigadores galegos lévanse os premios aos mellores proxectos da Galiciencia
21 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Os proxectos dos xoves investigadores galegos foron os mellor valorados na Galiciencia que se está a desenrolar estos días nac capital ourensá. De feito, os dous primeiros premios acadanos dous proxectos de investigadores ourensáns e vigueses, alumnos do Guillelme Brown da nosa cidade e do Colexio alborada de Vigo.

O proxecto gañador consiste nun bioedificio, capaz de autoabastecerse a través das enerxías renovables. Os seus responsables, Juan Sebastián Pirola e Rodrigo Barreiro, aseguran que o seu sistema podería funcionar nun edificio de cinco prantas con dez vivendas. Contempla a recollida de augas pluviais para reutilización doméstica, pracas solares para un abastecemento completo de enerxía eléctrica e unha zona verde no patio de luces que capta luz a través dunha claraboia no teito e que se aboa cos residuos orgánicos producidos nas vivendas. “O máis complicado foi o cálculo do consumo enerxético e a depuración da auga de chuvia”, aseguran os dous alumnos do Colexio Guillelme Brown.

O segundo premio foi para un sistema de obtención de enerxía eléctrica a partir do movemento dun ascensor. “Colocamos unha dinamo na polea que move as cordas do ascensor e así é como obtemos a electricidade”, comentan Laura Rodríguez e Antía Domínguez, as alumnas de 4º da ESO do Colexio Alborada gañadoras do galardón. De cara á Semana da Ciencia que organiza o seu centro cada primavera, planean adaptar o sistema a escaleiras mecánicas e mesmo a bicicletas estáticas.

Os premios foron entregados na mañá dese xoves no acto de clausura da Galiciencia, patrocinada pola Consellaría de Innovación e Industria.
Durante as tres xornadas que durou o evento superáronse as 2.700 visitas, 2.150 de escolares de toda Galicia que se achegaron ao Auditorio de Ourense en grupos organizados e máis de 600 visitantes que acudiron por libre.
Os cen estudantes de Secundaria procedentes de toda España que participaron como expositores na Galiciencia defenderon un total 34 proxectos orientados a propoñer solucións para necesidades moi presentes na vida cotiá, cunha representación xeográfica que combinou 18 iniciativas galegas con 16 chegadas de Barcelona.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página