Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará 1,8 millóns na mellora e ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais de Verín (Ourense). Así o aprobou o Consello da Xunta deste xoves, dentro dun paquete de actuacións deste tipo nos que, recorda o departamento de Manuel Vázquez Fernández, estanse a invertir máis de 825 millónes de euros. Medio Ambiente ten en carteira 76 depuradoras no marco do Plan de Saneamento de Galicia
 
 
En un ano Verín verá mellorada a súa Estación Depuradora de Augas Residuais  
21 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acometerá a mellora e ampliación na Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, de Verín e na rede de saneamento deste concello ourensán. Trátase dunha das 24 melloradas e ampliadas entre 2005 e 2009 no marco do Plan de Saneamento.

O proxecto de Verín ten un prazo de execución de 12 meses e  contempla a substitución de parte dos colectores xerais, obras no canle de desbaste-aliviadeiro para un caudal superior, construcción dun decantador secundario e instalación de equipos mecánicos e automatización.
A Consellería de Medio Ambiente financiará o proxecto na súa totalidade, cun orzamento de 1,8 millóns distribuído en dúas anualidades, entre 2009 e 2010.

Volver atras
Imprimir Página