Home  
 
 
 
 
Despois das sesións teóricas deste xoves, os 35 especialistas que toman parte nas III Xornadas de Bioenxeñería no ámbito fluvial que se celebran en Ourense, porán mans á obra, como quen dí, e pasarán a parte práctica do asunto. Así que este venres e o sábado acudirán ao Parque Forestal da Loña para realizar traballos de rexeneración no cauce deste río. Segundo sinala o departamento de Tito Espinosa, neste caso os participantes no obradoiro acometerán a rexeneración do cauce empregando especies vexetais típicas da zona, madeira e terra.
 
 
 
Os expertos en Bioenxeñería poñen mans á obra para rexenerar un tramo do río Loña
21 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Un total de 35 ponentes que participan nas III Xornadas e Obradoiro Práctico de Bioenxeñería no ámbito fluvial que organiza o Concello realizarán estes venres e sábado traballos de rexeneración do cauce do río Loña emnpregando medios biolóxicos. A aplicación práctica destas Xornadas terá lugar no Parque Forestal da Loña.

A actividade, segundo explica a Concellería de Medio Ambiente, "ten como finalidade realizar unha demostración práctica da importancia da bioenxeñería no ámbito fluvial". Explica o departamento de Tito Espinosa que esta é unha disciplina teórico científica na que as plantas vivas se utilizan como elementos de construcción, xuntamente ou non con elementos inertes como pedra ou madeira nas actuacións de recuperación do contorno do medio, tanto no control da erosión superficial como na estabilización de noiros.
Neste caso, os participantes no obradoiro acometerán a rexeneración do cauce empregando especies vexetais típicas da zona, madeira e terra.

Sinala tamén o titular de Medio Ambiente do Concello de Ourense, que "o obradoiro quere facilitar a adquisición de habilidade práctica para supervisar e dirixir traballos de recuperación fluvial, co obxecto de verificar o brote se organizará unha visita a esta mesma zona na primavera do 2009, na que se constastarán os resultados desta iniciativa".

Volver atras
Imprimir Página