Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá a cesión gratuíta ó Servicio Galego de Saúde da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para a construcción dun Centro de Saúde no barrio de O Vinteún, que dará atención a máis de 30.000 habitantes da zona norte da cidade. O alcalde, Francisco Rodríguez, destacou a importancia deste acordo que "vai posibilitar desconxestionar a atención sanitaria no barrio de A Ponte". Trátase dunha parcela de titulariedade municipal cunha superficie total de 1.230 metros cadrados, que en aproximadamente 20 días, superado o trámite a información pública do acordo, estará xa a disposición total da Consellería de Sanidade.
 
 
En vinte días a Xunta disporá dos terreos para construir o Centro de Saúde do Vinteún
21 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A cesión sin custe algún, como estaba previsto no protocolo de colaboración asinado o día 9 de xaneiro polo Concello de Ourense e a Consellería de Sanidade, dunha parcela de 1.230 metros cadrados para a construcción do Centro de Saúde do barrio de O Vinteún, é o principal acordo da reunión semanal da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense.
Así o valorou tamén o rexidor municipal, Francisco Rodríguez quen non dubidou en expresar a súa satisfacción porque "este acordo é o compromiso acadado no seu día pola Consellería co Concello de Ourense, vai posibilitar desconxestionar a atención sanitaria no barrio de A Ponte".
O alcalde recordou tamén que esta é unha vella demanda dos veciños de A Ponte, de O Vinteún e de Eiroás, xa que o novo centro dará combertura sanitaria a 30.000 cidadáns desta cidade.

A cesión implica que o Servicio Galego de Saúde, beneficiario da mesma, deberá manter sempre a titulariedade pública da parcela que se cede e destinala á implantación do equipamento sanitario.
Sinala o Concello de Ourense que a obtención destes terreos requeriu unha modificación puntual (a número 11) do PXOM, que preveu nesta área de reparto dúas parcelas destinadas a equipamentos, unha destinada a usos deportivos e outra a equipamento sanitario. Posteriormente, o pleno do Concello de 6 de xuño de 2008 aprobou a definición e superficies dambas parcelas: 12.546,66 m2 para usos deportivos e 1.230 m2 para o Centro de Saúde. Finalmente, por acordo da Xunta de Goberno Local de 2 de outubro, aprobouse o expediente de ocupación directa dos terreos para o equipamento sanitario, firmándose as correspondentes actas de ocupación, co que o Concello pasou a ser titular da parcela que agora se cederá á Xunta de Galñicia.

Outros acordos

Na mesma sesión da Xunta de Goberno Local deste xoves aprobouse o expediente de contratación do subministro de mobiliario para o Centro Cívico e Social que porá en marcha o Concello na rúa Colón, cun orzamento de 59.948,72 euros, IVE engadido.
Así mesmo, tamén tivo lugar a adxudicación provisional das obras do proxecto de reforma de local para centro de recepción de visitantes (nova oficina municipal de Turismo), nos Xardíns de P. Feijóo, á empresa TEFAR S.L., por importe de 130.964 euros, con cargo á partida do Plan de Dinamización do Producto Turístico.

Outro acordo da Xunta de Goberno autoriza a contratación e pliegos de clásusulas administrativas das obras de reforma do local sito na rúa Doutor Peña Rei, número 18, que será acondicionado como centro cívico para o barrio de A Cuña, cun orzamento de 125.000 euros.
Por último, aprobouse tamén o plan de seguridade e saúde das obras do proxecto básico e de execución de piscina termal na Praza de As Burgas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página