Home  
 
 
 
 
Como complemento á actividade “Almorzos saudables” da Concellería de Educación, un total de 39 alumnos de 6º de educación primaria do CEIP A Ponte visitaron na mañá deste mércores o Mercado da Praza de Abastos. O alcalde da cidade, que quixo acompañar aos nenos na súa visita, animou aos escolares a "manter unha alimentación sana e equilibrada" e a "sentir curiosidade e coñecer a orixe dos alimentos". O rexedor municipal non dubidou en facer de improvisado tendeiro, así que atendeu as compras dos rapaces que mercaron no seu posto con cartos de mentira.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
Rodríguez vende san na visita dos "Almorzos saudables" de 39 rapaces á Praza de Abastos
20 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Casi 40 alumnos de Sexto de Primara do CEIP de A Ponte visitaron o Mercado da Praza de Abastos número 1 da cidade, o Central, nunha actividade complementaria aos "Almorzos saudables" que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense. O propio alcalde simulou a venda de alimentos aos alumnos asistentes, que mercaron con cartos ficticios o seu menú, tratando de adquirir os productos máis sans posibles. Asimesmo, Francisco Rodríguez animou a tódolos rapaces da cidade a "sentir curiosidade e coñecer a orixe dos alimentos", ademais de mostrar a súa vontade de que os nenos "sexan conscientes da importancia que ten unha boa alimentación".

Na mesma liña, a concelleira de Educación Ana Garrido animou ós nenos a "coñecer cada posto e a variedade de alimentos que ofrecen", e incidiu na tradición histórica da Praza de Abastos. A edil relacionou a orixe do Mercado Municipal, no ano 1929, con outros acontecementos históricos relevantes da época, como a caída da bolsa ou a depresión, motivando a reflexión didáctica dos rapaces presentes.

Durante a actividade, os nenos recibiron unha breve explicación da orixe e das propiedades nutritivas dos cinco productos (leite fresca, pan branco e moreno, froitas, xamón montañés e aceite de oliva) que se elixiron para os xantares. Dos alimentos adquiridos, os alumnos levaron á aula a froita, nunha bolsa de papel reciclado.

O obxectivo da proposta do Concello é incentivar a aprendizaxe mediante a acción, a práctica e o espírito da comunidade: a importacia do almorzo, e que os pais e as nais saiban o valor nutritivo do que os seus fillos comen. Na actividade que deu comezo hoxe, participarán ó longo deste curso un total de 559 alumnos de toda a cidade, dos colexios que o solicitaron.

Volver atras
Imprimir Página