Home  
 
 
 
 
  A Consellaría de Innovación e Industria ven de anunciar que achegará 475.000 euros para a recuperación da aldea de Congostro de Rairiz de Veiga con fins turísticos, para o que o conselleiro, Fernando Blanco, asinará en vindeiros días co alcalde de Rairiz de Veiga, Rodríguez Ambrosio, o correspondente convenio de colaboración entre Consellería e Concello. O proxecto é rehabilitar a aldea de Congostro para que funcione e serva de plataforma para o turismo cultural e patrimonial en Galiza e tamén fora do noso país.
 
 
A Consellería de Industria quere recuperar para o turismo a alda de Congostro de Rairiz de Veiga  
20 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A aldea de Congostro, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, será rehabilitada con fins turísticos, segundo ven de anunciar a Consellería de Industria que, ademais, anuncia unha achega de 475.000 euros coesta finalidade. A sinatura do correspondente convenio de colaboración entre Consellería e Concello, permitirá que se leve a cabo o acondicionamento de espazos públicos e adoquinamento de varias zonas de acceso ás zonas de intervención, recuperación de inmobles senlleiros e roteiros de sendeirismo.

O convenio terá unha duración estimada de dous anos, e a partires da súa sinatura a Consellaría de Innovación e Industria fará unha achega de 475.000 euros que se distribuirán en dúas anualidades: en 2008 aportaranse 225.000 euros e en 2009 serán 250.000 euros a cantidade aportada. Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, comprométese a apostar por promocionar as novas motivacións deste sector, recuperar o contacto coa natureza e sumarlle un valor patrimonial.. Pola súa banda, o concello de Rairiz de Veiga comprométese a procurar o logro dos obxectivos e as realizacións. Así mesmo, velará polo desenvolvemento da actividade turística no exercicio das súas competencias.

"O obxectivo fundamental deste tipo de acordos é desenvolver diferentes actuacións coa finalidade de mellorar a situación turística de Galiza, promovendo actuacións para a modernización e adecuación da industria turística ás tendencias da demanda", sinala o departamento de Fenando Blanco.

Volver atras
Imprimir Página