Home  
 
 
 
 
  Entran en servizo as novas instalaciones do CHOU que permitirán as mulleres acollerse a un parto máis natural e mínimamente medicalizado a hora de ter aos seus fillos. A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, visitou este mércores estas novas instalacións que supuxeron un investimento de algo máis de 110.000 euros con cargo ao Servicio Galego de Saúde. Inclúen "un completo equipamento destinado a mellorar a comodidade da muller e naturalidade do seu parto, garantindo a seguridade materno-fetal", segundo informa o SERGAS. Sinálase, ademáis, que a totalidade das 13 matronas do servizo asumirán conxuntamente a nova oferta asistencial, o que pasa por "un importante esforzo das profesionais no tempo dedicado a cada muller".
 
 
As ourensás xa poden dar a luz de xeito natural e mínimamente medicalizado no CHOU
20 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

"As máis de 1.500 mulleres, que anualmente acoden ao Complexo Hospitalario de Ourense para ter aos seus fillos e fillas, poderán desde agora optar por un parto máis natural e minimamente medicalizado, coa vixilancia materno-fetal precisa para evitar riscos, grazas a implantación desta modalidade asistencial que se enmarca nos obxectivos estratéxicos do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller da Consellería de Sanidade". Así o sinala o Servicio Galego de Saúde trala visita da conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, as novas instalacións.
O SERGAS sinala que para elo realizou un investimento de 110.291 euros, adicado fundamentalmente a remodelación e equipamento dun área específica para este servizo.

A nova unidade está situada na área de atención obstétrica, no primeiro andar do Hospital Materno Infantil, onde conta cunha superficie duns 40 metros cadrados, repartidos nunha ampla sala de dilatación e parto e un baño completo con cabina para uso da paciente. A principal novidade do equipamento, que ascende a 99.623 euros, reside en que todo el coincide no obxectivo de procurar unha maior comodidade e autonomía de movementos para afrontar o proceso do parto nas condicións mais axeitadas a cada muller.

Nesta liña, a sala conta cunha novidosa cama automatizada que permite tanto o reposo da muller durante o período de dilatación como a exploración xinecolóxica e o propio parto, grazas a súa convertibilidade e adaptación ergonómica. Xunto a ela, destaca a montaxe dunha bañeira de hidromasaxe, para facilitar a relaxación e a dilatación, e un completo equipo de monitorización materno-fetal, que inclúe doppler fetal e un cardiotocógrafo dotado cun sistema sen cables, para permitir a liberdade de movementos e autonomía da futura nai.
O equipamento complétase cunha cadeira de partos, para aquelas mulleres que opten por esta posición; un berce térmico para o recen nado e material de psicomotricidade para facilitar o posicionamento fetal.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página