Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Demetrio Espinosa

 
  A partir deste xoves, ás 10:30 horas da mañá, dan comezo as III Xornadas e Taller Práctico de Bioenxeñería no ámbito fluvial. A actividade tratará de amosar as posibles aplicacións e limitacións de técnicas na restauración fluvial, para o que contará con especialistas europeos en Bioenxeñería, que ofrecerán as súas ponencias durante toda a xornada deste xoves. Terán lugar no Auditorio Municipal desta cidade, e rematarán con unha mesa redonda.
 
 
Comezan este xoves as III Xornadas de Bioenxeñería no ámbito fluvial que organiza o Concello de Ourense  
20 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Comezan este xoves as Xornadas de Bioenxería no Ámbito Fluvial que organiza a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, e que terán por escenario o Auditorio Municipal desta cidade.
"Nestas xornadas, os ponentes tratarán os ámbitos de aplicación das técnicas, exemplos de aplicación das técnicas no norte de España, a vexetación da ribeira de Galicia e unha introducción do taller práctico que se desenvolverá o venres e o sábado", segundo sinala o departamento de Tito Espinosa.

Trala finalización das ponencias, a xornada concluirá cunha mesa redonda sobre “A restauración fluvial e as técnicas de Enxeñería biolóxica”, cun moderador de excepción, Joao Paulo Fernandez, Profesor de Bioenxeñería da Universidade de Evora (Portugal) e presidente de APENA, na que se tratará o estudio da aplicación de solucións con técnicas de Enxeñería Biolóxica.

A Bioenxeñería é unha disciplina técnico científica na que as prantas vivas se empregan como elementos de construcción, nas actuacións de recuperación do contorno do medio, tanto no control da erosión superficial como na estabilización de noiros. Os ámbitos de actuación son moi diversos e comprenden a retauración do medio natural, de actividades extractivas, infraestructuras viarias, leitos fluviais, dunas e zonas costeiras.

Volver atras
Imprimir Página