Home  
 
 
 
 

Andrés García Mata

 
  O Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, e o Concelleiro de Infraestruturas, Andrés García Mata, visitaron este martes a zona de Oira onde presentaron unha intervención de reforma viaria que a Tenencia vai desenvolver nesta zona. O paseo na súa totalidade,  incluindo os camiños de acceso ás piscinas e campo de fútbol, verá renovado o seu aspecto por completo, grazas a unha serie de actuacións que comprenden a reforma do firme das calzadas e o asfaltado e  ampliación das beirarrúas para dar maior servizo aos peóns. "Trátase dunha actuación de humanización desta importante área de lecer da cidade que se traducirá nunha mellora na calidade de vida dos seus veciños", sinalou o titular de Infraestructuras e Mobilidade.
 
Noticias Relacionadas
  Entra en servicio la Brigada de Conservación Viaria del Concello de Ourense para pequeñas reparaciones
 
 
A Brigada de Conservación Viaria de Ourense centraráse no que resta deste ano na zona de A Ponte
5 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

As aceras de Oira e os accesos ao Campo de Fútbol son as primerias actuacións da recentemente creada Brigada de Conservación Viaria do Concello de Ourense. O tenente de alcalde, Alex Sánchez Vidal, e o concelleiro de Infraestructuras e Mobilidade, Andrés García Mata, anunciaron ademais que ata finais de ano as actuación se van a centarr no barrio de A Ponte, Santa Teresita e O Vinteún, e centraránse fundamentalmente en tareas de reposición do asfaltado.
Ao mesmo tempo, García Mata confirmou que entre este ano e o que ven gastaranse neste tipo de actuación 1,6 millóns de euros, e recalcou que as actuacións nesta materia se centrarán nos barrios da cidade, que "entre este ano e o que ven van a experimentar melloras sustancias en materia viaria".

No caso de Oira, anunciouse que se proecederá tamén a colocacións de badenes e o repintado da calzada para constituír Oira nunha das chamadas Zona 30, un espazo de prioridade peonil no que os veículos rodados non poidan superar os 30 quilómetros hora. O tramo final do paseo contará, tamén,  cun novo aparcadoiro que de servizo os conductores que aquí se acheguen.

Novas dotacións deportivas

Esta intervención integral en Oira completaráse coa dotación do novas infraestruturas deportivas na zona.
Neste sentido, a Tenencia de Alcaldía anunciou que xa conta con estudo de viabilidade para dúas actuacións determinantes: a reforma das piscinas municipais para adaptalas a nova normativa, as cales se agarda que estén xa en funcionamento para os meses de verán do 2009, e o novo pavillón polideportivo de Eiroás.

O novo complexo deportivo previsto, que virá paliar o déficit deste tipo de infraestruturas que existe en Ourense, contará cun ampo de fútbol de herba artificial dotado de vestiarios propios, dúas piscinas, ximnasio e salas de actividades. A súa posta en marcha suporá non só a revalorización deste area, senón tamén dará pulo o súa actividade económica directa (crearánse entre 25 e 30 postos de traballo) e indirectamente.

Actuacións no barrio de A Ponte

Seguindo coas actuacións prioritariais nos barrios, o Plan de Choque concreta tambén a mellora dos viais público en máis de dez rúas dos barrio da Ponte e do Vinteún. Labores de asfaltado, mellora de beirarrúas, alumeado e dotación de mobiliario urbanos serán accións a desenvolver, concretamente, en Río Sil, a rúa Cabeceiro, Tecelán, Corzos, Santa Teresita, Os Maior, Coiñás, Casaio, Río Mente, Río Tuño e Campo da Feira.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página