Home  
 
 
 
 
  O que se autodenomina Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos de Barbadás, acordou iniciar unha campaña "para que o Concello poña a disposición de Educación os terreos necesarios para a construción do Instituto", segundo ven de sinalar dito Colectio a resultas dunha asamblea que mantivo a este respecto. A decisión tomouse, segundo explica o Colectivo, "visto que as promesas do rexedor non se fan efectivas", referíndose ao alcalde de Barbadás, o popular Xosé Manuel Freire Couto.
 
 
Barállanse movilizacións veciñais en Barbadás para conseguir o Instituto co que, din, non se compromete o alcalde  
5 de NOVEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Ás reclamacións feitas neste sentido polos grupos da oposición no Concello de Barbadás, BNG e PSOE, vanse engadir agora as do que se autodenomina Colectivo Cidadán Pro Centros Públicos. Este colectivo cidadán anuncia que ven de celebrar unha asamblea, na que tomou o acordo de iniciar unha campaña a favor dos terreos necesarios para a construcción do demandado Instituto de Barbadás.
Nun escrito asinado pola voceira deste Colectivo cidadán, Mónica Fernández Valencia, faise constar a desconfianza que lle merece aos cidadáns de Barbadás a postura do rexedor municipal, o popular Freire Couto, xa que se dice que "visto que as promesas do rexedor non se fan efectivas, a asemblea decidiu crear unha comisión de traballo para artellar as diferentes actuacións que o colectivo vai levar a cabo para concienciar á poboación e tomar medidas de presión".

De feito, o Colectivo veciñal sinala que "os logros conseguidos até o de agora en materia de infraestruturas educativas acadáronse grazas á presión veciñal mobilizada a través deste Colectivo", e recordan neste eido o CEIP O Ruxidoiro e a partida de 100.000 € que se consignan nos orzamentos da Xunta para o Instituto en cuestión.

O Colectivo veciñal reafírmase en que o obxectivo de Barbadás ten que ser que conte cun instituto a curto prazo, e recalcan que tal posibilidade "podería verse demorado se o Concello non dispón dos terreos coas infraestruturas necesarias para poder obrar".

Volver atras
Imprimir Página