Home  
 
 
 
 
  Os vindeiros días 3, 4 e 5 de novembro, luns, martes e mércores da presente semana, entre as 11:00 h. e as 12:15 h. representarase no Teatro Principal a obra teatral "Misterio Bufo" de Darío Fo, organizado pola Concellería de Educación. O obxectivo da actividade é "fomentar o gusto polo teatro entre os escolares da nosa cidade", e nesta ocasión está especialmente dirixida a alumnos/as de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato. Deste xeito, un total de 564 mozos e mozas de nove centros de ensino da cidade asistirán á representación da obra.
 
 
"Misterio Bufo" de Darío Fo represéntase en Ourense para 564 mozos de ESO e Bacharelato
3 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Os cálculos do departamento que dirixe a concelleira Ana Garrido, son de que 564 mozos se acheguen á representación da obra "Misterio Bufo" de Darío Fo que se representa este luns, o martes e o mércores organizada pola Concellería de Educación. Segundo a súa titular, o obxectivo desta actividade é "fomentar o gusto polo teatro entre os escolares da nosa cidade", e a actividade vai dirixida aos mozos de 2º ciclo da ESO e de Bacharelato dos centros da capital ourensá.

A montaxe da obra está composta por pezas que os xograres interpretaron nas prazas das aldeas e cidades, así coma nos salóns dos castelos, na Idade Media,

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
   Ana Garrido
que Darío Fo recuperou en arquivos europeos, principalmente en Italia.
Cunha lixeira adaptación, as pezas conservan o seu espíritu orixinal. Son interpretadas en castelán actualizado por un “actor-xograr” (Rafael San Martín), con transformación de personalidade en toda unha multitude de personaxes utilizando só o xesto e a voz. O resultado é un espectáculo fresco, dinámico e divertido.
 
Volver atras
Imprimir Página