Home  
 
 
 
 

Javier Urra

 
  Máis de 350 pais e profesionais asistirán dende este martes, día 28 de outubro, ás Xornadas sobre "Desafíos da educación permisiva e a sobreprotección dos nenos", que se celebran na capital ourensá organizadas polo Concello de Ourense. Participarán expertos como Javier Urra, ex defensor do Menor en Madrid e Eusebio Megías, director da Fundación de Axuda contra a Drogadicción, entre outros
A alta participación levou ó Concello a duplicar a oferta de prazas para asistir ás charlas, que se seguirán presencialmente nunha sá do auditorio e por videoconferencia na outra.
 
 
As Xornadas sobre "Desafíos da educación permisiva" desbordan as previsións do Concello
27 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Un total de 358 nais, pais, mestres, educadores e estudiantes relacionados coa Educación participarán este martes, día 28, e o mércores, día 29 de outubro, na III Edición das Xornadas de Familia organizadas pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, que estarán dedicadas a analizar "Os desafíos da educación permisiva e a sobreprotección dos nenos".

Tanto é o interese suscitado por esta actividade organizada dende o Concello desta cidade, que houbo que duplicar a oferta de prazas para asistir ás charlas. As xornadas desenvolveranse nunha das sás do Auditorio Municipal e, a través de videoconferencia, poderán ser seguidas tamén dende a segunda sá, tendo ambas o aforo completo.

PROGRAMA

Martes, 28 de outubro

16,15 horas. Inauguración

16,30 horas. Monólogo de María Gallego

17,00 horas. Relatorio sobre “Educación permisiva e sobreprotectora, nenos inseguros”, a cargo de Javier Urra, psicólogo clínico, profesor da Universidade Complutense de Madrid, e ex Defensor do Menor da Comunidade de Madrid.

19,00 horas. Relatorio e debate sobre “O neno traste, argalleiro, inquedo”, na que participarán o neuropediatra do Hospital da Zarzuela de Madrid, Daniel Martín, quen falará sobre “Hiperactividade, déficit de atención”, o inspector de Educación, Delfín Caseiro, e a psicóloga clínica do COF e profesora da Universidade de Vigo, Encarnación Sueiro, que falarán sobre “Desmotivación, mala educación”.

Mércores, 29 de outubro

16,00 horas. Relatorio de experiencias sobre “Estratexias para a prevención de situacións asociais de risco”, coa participación dos psicólogos Pilar Bermejo e Juan Luis Basanta e a presidenta de ANPAS municipais, Ana María Benito.

18,00 horas. Monólogo de María Gallego

19,00 horas. Relatorio sobre “O proceso de socialización de nenos e mozos”, no que participarán os psiquiatras Eusebio Megías, director técnico da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), e Ernesto Ferrer.

20,30 horas. Clausura e entrega de diplomas

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página