Home  
 
 
 
 
  O Grupo Municipal Socialista no Concello de Barbadás esixe ao Goberno Local que nos Orzamentos Municipais para 2009 se inclúa unha partida para a mellora dos accesos a Sobrado do Bispo. O Grupo do PSOE demanda ao de Freire Couto que o Grupo do PP, Goberno neste Concello, "se implique na potenciación da actividade económica desta parroquia". O portavoz sociaitas, Xosé Carlos Valcarce, denuncia que os accesos a Sobrado do Bispo carecen de alumeado público e de beirrarúas, e que "o asfaltado está nun estado lamentable"·.
 
 
O PSOE plantexará á Freire Couto que non se esqueza de Sobrado do Bispo nos orzamentos do 2009  
27 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O portavoz do PSdeG-PSOE, Xosé Carlos Valcárcel, considera que  "a mellora dos accesos a Sobrado é unha actuación, que debera ser consideraba polo Goberno Local e, polo tanto polo alcalde do Partido Popular, Freire Couto, como primordial". Motivo polo cal lle plantexa ao rexidor municipal e o Goberno municipal que nos Orzamentos de 2009 haxa consignación orzamentaria para Sobrado do Bispo. "É necesaria non só para mellorar as comunicacións senón tamén, para fomentar o desenvolvemento desta parroquia", sinala o portavoz socialsita.

Sobrado do Bispo é un dos núcleos máis importantes do concello de Barbadás polo número de habitantes e, pola súa riqueza cultural e etnográfica, sinalan os socialistas.
Valcárcel salienta que "se trata dunha parroquia con gran dinamismo,  que ten medrado moito nos últimos anos. Proba diso, é a expansión que está a experimentar e, que se constata en novas construcións e na rehabilitación de vivendas tradicionais. Sobrado ten unha importante actividade económica que, o Concello ten a obriga de potenciar".
Algo que, segundo os socialistas, non ten esa consideración por parte do Goberno de Freire Couto.

O Grupo Municipal Socialista ven de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno ordinario, na que instan ao rexedor local, Freire Couto, a incluír nos Orzamentos Municipais para 2009 unha partida para a mellora dos accesos a Sobrado do Vispo, contemplando un novo asfaltado, a instalación de alumeado público e a construción de beirarrúas.
Na mesma moción, os socialistas demandan que "canto antes, o alcalde Freire Couto, encargue un estudo para analizar a viabilidade da construción dun novo acceso á localidade de Sobrado. Para elo, é preciso que teña en conta as opinións dos diferentes colectivos e de todos os veciños e veciñas do pobo".

Volver atras
Imprimir Página