Home  
 
 
 
 
  A Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, ven de comunicar ao alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez,  que o Magosto desta cidade será declarado próximamente "Festa de Galicia de Interese Turístico", segundo informou a Comisión de Valoración á Dirección Xeral de Turismo. Esta declaración será ratificada nun próximo Consello da Xunta, de xeito que para o vindeiro 11 de novembro, data dos magostos na capital ourensá, festividade do patrón da cidade, San Martiño, Ourense xa disporá deste recoñecemento.
 
 
A Festa dos Magostos de Ourense vai ser declarada "Festa de Galicia de Interese Turístico"  
25 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Nunha misiva que enviou este venres a Federación Galega de Municipios e Provincia ao alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a FEGAMP informa ao rexidor ourensán de que a consideración de elevar o Magosto a festa de interese turístico foi vista nunha reunión celebrada o día 22 de outubro, aceptándose tal categoría "ante o carácter singular e etnográfico de dita celebración na bisbarra de Ourense".
A FEGAM comunícalle a Rodríguez que a declaración será oficial tralo seu paso polo consello da Xunta e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ao fio da declaración o Concello de Ourense sinala que se sigue a traballar para habilitar este ano zonas especiais para a celebración dos magostos, destacando o acondicionamento do parque Loña mediante a instalación de zonas con chans protexidos de area. Trátase de recintos de area cubertos con chapa de aceiro, que van permitir o acendido dos lumes sin perxudicar ao espacio verde, así como a instalación de contedores de reciclaxe especiais para a ocasión.

A idea que se potenciará dende o Concello de Ourense e a Concellería de Medio Ambiente a dun “Magosto sostible”,  que minimice o impacto ambiental propio das celebracións, mantendo a recollida selectiva e o coidado do contorno.

Volver atras
Imprimir Página