Home  
 
 
 
 
Os traballadores do Complexo Hospitalario de Ourense poden xa consultar e solicitar “on line” todo tipo de procedementos administrativos desde a nova Oficina Virtual. O servizo púxose en marcha neste centro grazas a implantación do programa FIDES, deseñado pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para facilitar a comunicación cos seus traballadores e traballadoras.
 
 
 
O CHOU puxo en marcha este martes unha oficina vitual para os seus profesionais
23 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Na presentación da nova prestación ofimática ao servizo dos profesionais do Complexo Hospitalario de Ourense, o xerente xeral, José Luis Jimenez Martínez, destacou a amplitude a complexidade da labor que desenvolve a Dirección de Recursos Humanos deste centro, que xestiona e coordina un cadro de persoal superior aos 2.000 traballadores e traballadoras habituais, xunto cunha importante bolsa de profesionais de apoio para a realización dos distintos contratos temporais ou de substitución, o que a sitúa como a dirección de persoal con maiores responsabilidades a nivel provincial, tanto polo número de efectivos como pola complexidade das funcións e especialización do seu capital humano.

As principais vantaxes da Oficina Virtual son precisamente a amplitude das súas posibilidades. Así, a través desta fiestra electrónica os profesionais poderán comunicarse en tempo real coa administración sanitaria, realizando un alto número de xestións, para as que ata agora debian necesariamente visitar o departamento administrativo, coas dificultades que elo conleva nun hospital multicentro. Deste xeito facilitase a accesibilidade e contribuese a ir eliminando o traballo manual e a reducir o consumo de papel, ademais de  automatizar  algunhas tarefas administrativas habituais, permitindo ao persoal responsable da atención aos profesionais dispoñer de mais tempo para a xestión.

Volver atras
Imprimir Página