Home  
 
 
 
 
  O Centro Cultural da Deputación acolle estes días tres exposicións de variada temática artística. Van dende "Novamente", que e unha mostra que recolle as últimas incorporación ó patrimonio da institución provincial, ata "Das nais ás fillas", exposición na que Ana Vázquez, a autora, "explora de maneira suxerente e orixinal o seu mundo particular". Tendo en conta tamén que continúa a de fotografías do popular Rizo, o fotógrafo costumbrista coma ningúen da época que foi dende os 40 ata o ano do seu falecemento, 1975.
 
 
O Centro Cultural da Deputación acolle estes días tres exposicións de moi distinta temática 
16 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A primeira delas é "Novamente", unha mostra que recolle as últimas incorporacións ó patrimonio artístico da Deputación provincial e que inclúe obras de destacados artistas, tanto galegos como internacionais. Así, pódense ver obras de Xaime Quessada, Ignacio Basallo, Luis Borrajo, Vidal Souto, Jorge Castillo, Xesús Vázaquez, Jaime Isidoro, Alfredo Bikondoa ou Herique Silva, entre outros.
Esta mostra recolle novas visións sobre a arte contemporánea, tanto de artistas veteranos como de novos creadores, entre os que destacan nomes como Jorge Varela, Alvaro Negro, Antón Cabaleiro ou Andrea Costas.

A segunda exposición recolle unha escolma do gran fotógrafo Xosé Vázquez Arias “Rizo” e na que se inclúen fotografías realizadas por el na nosa provincia entre a década dos anos 40 ate o seu falecemento, no ano 1975. Nestas tres décadas de  imaxes prodixiosas, a cámara do Rizo  retratou a Galicia interior ofrecendo unha imaxe amable e xenerosa dun periodo especialmente difícil. Ademais do valor etnográfico e histórico desta mostra, a exposición pon en evidencia  a calidade artística indubidable deste fotógrafo.

“Das nais ás fillas” é o título dunha exposición na que Ana Vázquez explora de maneira suxerente e orixinal o seu mundo particular, rendendo homenaxe ás tradicións que van pasando de nais a fillas. O mundo da muller cobra protagonismo nesta mostra, onde a creadora emprega teas e fíos para “escribir con hilo y coser palabras con tinta”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página