Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Ana Garrido, concelleira de Educación

 
  Dentro das “Actividades da Aula da Natureza do Río Miño”, a Concellería de Educación organiza a partires deste luns, 13 de outubro, a “Semana do Mel”, cunha exposición que durará ata o 26 de outubro, na Aula de Natureza de Oira. Na mesma, representarase o percorrido do mel ó longo da súa historia: a súa orixe, cómo se extendeu e popularizou, etc., acompañado dunha charla orientativa, ademais dun panal real e unha cata de distintos meles de toda Galicia.
 
 
Comeza este luns a "Semana do Mel" que organiza o Concello na Aula de Natureza de Oira  
13 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Este lunes dan comezo na Aula da Natureza de Oira a “Semana do Mel”, actividades para escolares que organiza o Concello de Ourense pero que tamén contan con unhas xornadas destinadas aos apicultores.
De feito, entre os días 20 e 23 de outubro, os escolares poderán visitar a exposición, e ademais de seguir a exposición cun monitor e saborear os meles, poderán elaborar unha vela de cera que levarán consigo.
Por outra banda, os días 21, 22, 23 e 25 de outubro celebraranse as “Xornadas para apicultores”, entre as 19:00 e as 21:00 horas. Trataranse temas como “As abellas e o medio ambiente”, “Enfermidades das abellas” ou “Productos da colmea”.  Os interesados deberán apuntarse chamando ó teléfono 981508142 antes do día 21 de outubro.

Ademáis, o día 25 organizarase unha viaxe apícola a Lobios –Serra do Xurés-, que incluirá unha visita á Cooperativa de mel do Xurés, a ruta dos muíños e un xantar en Lobios. Esta actividade é gratuita e vai dirixida a todos os cidadáns interesados en asistir á mesma.

A “Semana do Mel” está financiada pola AGA (Asociación Galega de Apicultura) e polo Concello de Ourense por medio da Aula da Natureza. Para máis información, acudir á Concellería de Educación, na Rúa Ervedelo nº2, 1º, ou no teléfono 988510802.

Volver atras
Imprimir Página