Home  
 
 
 
 
  Tres anos ten que ser tempo dabondo para que repoñer un motor que foi roubado. Esto é o que ve a decir o Partido Popular do Concello de Rairiz de Veiga, ao esixirlle públicamente ao alcalde, o nacionalista Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, que poña en marcha a depuradora de augas residuais do pobo de A Sainza. Ademais, o PP ven de denunciar que A Saínza verte directamente ao río Vidueiro porque, aínda que hai construído desagüe e fosa séptica, "levan máis de dous anos sin conectar".
 
 
O PP de Rairiz denuncia que A Saínza non ten depuradora e está vertendo ao río Vidueiro  
13 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Partido Popular no Concello de Rairiz de Veiga, forza oposición, ven de denunciar a "desidia" do Goberno do nacionalista Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio o seguir parada a depuradora de augas residuais do pobo de A Sainza. O portavoz popular, Francisco Limia, sinala que a depuradora leva máis de tres anos parada.

Segundo explica Francisco Limia, "o alcalde díxonos que leva máis de tres anos paralizada e que non funcionaba porque lle roubaron o motor". Después de tres años, dicen ahora los populares que "tiveron tempo dabondo para repoñer ese motor e pola en funcionamento". Según Limia, "este servizo é moi necesario para o pobo".

Neste senso, o concelleiro popular salientou que na Saínza hai construído tamén un desagüe e unha fosa séptica "pero levan máis de dous anos sin conectar", o que produce que "os verquidos van directamente ó río Vidueiro, co dano medioambiental que eso supón".
Esta depuradora tamén prestaría servizo ós pobos de Currás e O Toxo, segundo sinalan os concelleiro do PP de Rairiz de Veiga.

Volver atras
Imprimir Página