Home  
 
 
 
 

José Vicente Solarat, alcalde de A Rúa

 
  A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destina 600.000 euros á renovación de infraestructuras de saneamento e abastecemento no concello ourensán de A Rúa. O Consello da Xunta autorizou este xoves a colaboración entre a administración autonómica e a local para a execución desta actuación, si ben aclara o departamento de Pachi Vázquez que "as obras serán financiadas na súa totalidade pola consellería".
 
 
A Xunta faise cargo do custe íntegro das obras para renovar as redes de augas de A Rúa  
10 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A 600.000 euros alcanza a inversión da Consellería de Medio Ambiente para a renovación do colector xeral de saneamento con novos ramais á estación depuradora de augas residuais, e a mellora das redes de saneamento e abastecemento en varías rúas do núcleo urbano de A Rúa, que ven de aprobar este xoves o Consello da Xunta.
As obras, que aclara a Consellería que asume íntegramente, teñen un prazo de execución de oito meses.

Prevese que coestas obras se subsanen as deficiencias existentes, xa que na actualidade a rede de abastecemento é de fibrocemento de pequeno diámetro e ten máis de 30 anos de antigüidade, mentres que a de saneamento ten fugas e filtracións da rede de pluviais, polo que necesita ser substituída.

As actuacións previstas para renovar o colector xeral consistirán na colocación de máis de 2.000 metros de tubería de PVC así como o reforzo de varios treitos mediante formigón en masa. O proxecto inclúe ao mesmo tempo a renovación da rede de abastecemento na Avenida Quiroga, coa instalación de 280 metros de tubería, e a mellora do saneamento e abastecemento entre as rúas Progreso e Emilia Pardo Bazán, coa colocación de 220 metros de tubo para cada rede, máis outro treito de 220 metros para  o subministro de auga ás vivendas.
As obras completaranse coa colocación de 70 metros de tubería de saneamento e 83 metros de abastecemento entre as rúas Fernández Lorenzo e Doutor Vila, máis outro treito de 73 metros de abastecemento para o subministro ás vivendas.

Volver atras
Imprimir Página