Home  
 
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Aurea Soto, concelleira de Urbanismo

 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión deste xoves o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, as obras do proxecto básico e de execución de rehabilitación do edificio sito na rúa Padre Feijoo, nº 10, esquina con García Mosquera, que se convertirá na nova sede da Área de Urbanismo do Concello.
As obras suporán un investimento de casi 1,9 millónes de euros con cargo ós orzamentos do Concello. Na mesma sesión tamén se aprobaron os expedientes para a contratación da dirección destas obras por un importe de 41.180 euros e a dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde, por 34.800 euros.
 
 
Adxudicado o proxecto básico e de execución da futura sede da Área de Urbanismo do Concello de Ourense
10 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Paso adiante do Concello de Ourense para a nova sede da Aárea de Urbanismo, que se vai ubicar no edificio que fai esquina nas rúas Padre Feijoo e García Mosquera. A Xunta de Goberno deste xoves autorizou a contratación das obras do proxecto básico e de exución deste inmoble, que suporán un investimento de preto de 1,9 millóns de euros.
O edificio que será rehabilitado como nova sede da Area de Urbanismo do Concello foi deseñado en 1897 por Antonio Crespo, e constitúe un interesante exemplo de vivenda señorial decimonónica dentro do ámbito do PERI do Casco Vello de Ourense tanto pola súa tipoloxía, a cabalo entre o pazo urbano e o edificio de pisos burgués, como polo seu singular emprazamento, limitado a un lado polo adrio da Trinidade e ó outro, polo Instituto Otero Pedraio, destaca o Concello de Ourense.

O proxecto busca potenciar a presencia e carácter do volume inicial do edificio a través da súa posta en valor. Así, tanto pola diferenciación volumétrica como polo emprego de materiais neutros  diferenciadores, preténdese integrar e unificar o novo coa preexistencia, usando unha linguaxe coherente na intervención. O edificio desenvólvese en planta soto (180,80 m2 de superficie útil), planta baixa (492,54 m2), primeira (490,08 m2) e baixo cuberta (152,20 m2), cunha superficie útil total de 1.287,87 m2.

231.000 euros para a Casa da Maxia

Na mesma sesión da Xunta de Goberno deste xoves, aprobouse a adxudicación das obras do proxecto básico e de execución da Casa da Maxia.
As obras serán realizadas pola empresa Costa Lousado por un importe por un importe de 231.585,85 euros, IVE engadido, con cargo á partida do proxecto Urban.

Así mesmo, tamén se adxudicaron obras do proxecto de acondicionamento de espacios urbanos na cidade de Ourense na rúa Florentino Cuevillas. As obras serán realizadas pola empresa Manuel Cruz, e suporán un investimento total de 208.601,43 euros.
As obras do Camiño do Vao que da servizo ao Centro Comercial Pontevella foron tamén adxudicadas en 42.161,68 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página