Home  
 
 
 
 
  "A modificación interna dalgunhas áreas de reparto está a provocar o cambio de situación dos edificios e tamén dos viais proxectados inicialmente no PXOM. Esto é o que acontece na Área de Reparto-1 e mais concretamente co parque emprazado na parte inferior da Rúa das Searas, que linda co río dos Muíños", sinala o Grupo deo BNG no Concello de Barbadás, que ven de presentar unha moción para evitar, dice, "que se destrúa unha das poucas zonas verdes que hai na Valenzá".
 
 
O BNG di que tenta salvar unha das poucas zonas verdes que hai na Valenzá  
6 de OCTUBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

Segundo os nacionalistas de Xosé Manuel Fírvida, "chegóuse a esta situación pola falla de previsión do Partido Popular á hora de planificar e proxectar o desenvolvemento urbanístico de Barbadás, sobor de todo na Valenzá", que, segundo o Grupo deo BNG, "agora sofre as consecuencias da grande ocupación inmobiliaria".

Sinala o Grupo nacionalista que os viciños da zona xa presentaron unha queixa diante do Valedor de Pobo, e agora recolleron sinaturas para evitar que esta zona verde sexa "sacrificada  en prol do cemento".
A tenor desta reclamación, sinala o BNG que se fixo eco desta protesta e presentou no Concello unha iniciativa para tentar rectificar a situación.

Os nacionalistas propoñen que logo do ensanchamento da estrada se supriman os aparcamentos previstos na parte esquerda, "co cal se salvaría unha parte importante do parque hoxe existente, conservando tamén varias das árbores desta zona", sinalan os de Xosé Manuel Fírvida.

Volver atras
Imprimir Página