Home  
 
 
 
 
  As obras que a Tenencia de Alcaldía vai levar a cabo para a reforma da Praza de Paz Novoa, adxudicadas definitivamente na Xunta de Governo deste xoves, darán comezo a semana que ven, segundo ven de advertir o departamento de Sánchez Vidal. De entrada péchanse as escaleiras que enlazan a Praza con Paseo, e os accesos faranse únicamente pola rúa Xoan XIII, onde se habilitará un carril para esta praza.
 
 
A mediados da semana que ven comezan as obras da Praza de Paz Novoa  
3 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Tenencia de Alcaldía anuncia máis obras no centro de Ourense. As da rúa Bedoya engádense agora as da Praza de Paz Novoa, que comezarán a mediados da semana que ven.
De entrada, as escaleiras que conectan a rúa do Paseo coa praza quedarán completamente pechadas aos peatóns. Os accesos á praza realizaránse pola rúa Xoán XXIII, onde quedará habilitado un carril que permita a entrada a garaxes de veículos rodados, así como labores de carga e descarga. Así mesmo, permitiráse o tráfico peonil na zona de soportais, quedando completamente pechado o centro da praza.

Estas obras de Paz Nóvoa comprenden a humanización desta zona da cidade, situada en pleno centro. Melloraráse o firme da calzada e renovaránse as beirarrúas, ampliándose e dotándoas de materiais nobres. Introducirase tamén novo mobiliario urbán.
As obras foron adxudicadas definitivamente este xoves cun orzamento de 434.812,36 euros.
Tenencia de Alcaldía non fai mención a duración máxima destas obras.

Volver atras
Imprimir Página