Home  
 
 
 
 
  A recente noticia do inicio das obras no encoro de Santo Estevo nos cañóns do Sil alenta, de novo, a desconfianza en ADEGA. A asociación ecoloxista sinala que "non existíu tempo material dende a aprobación da Declaración de Impacto Ambiental desta central, en xullo deste ano, para que as obras conten coas preceptivas autorizacións". ADEGA reitera que se opón as pretensións da hidroeléctrica, e que  remitirá as información das que dispón ADEGA tanto á Fiscalía como ao Seprona para que se paralicen as obras.
 
 
Encoro de Santo Estevo
ADEGA alerta de que os "faraónicos proxectos" de Iberdrola poñen en perigo a Ribeira Sacra
3 de OUTUBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Demasiada celeridade no proceso e, polo tanto, de novo sospeitosa. É o que ven a decir ADEGA, despois de constatar que, aprobada a Declaración de Impacto Ambiental no mes de xullo pasado, xa se anuncia o inminente comezo das obras do encoro de Santo Estevo.
Recorda ADEGA que o proxecto de Santo Estevo II foi aprobado, a pesar dos informes en contra da Consellería de Medio Ambiente, polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e mariño que é quen ostenta a competencia sobre a cunca Miño-Sil.

Este proxecto "esperpéntico", como o califica ADEGA, foi aprobado sen que a opinión pública da Ribeira Sacra fóra informada da súa existencia. Mesmo ADEGA tivo acceso á cando estaba a piques de rematar o periodo de alegacións e a documentación enviada non foi recollida nin tida en conta pola administración.
"Este evidente desinterés do Ministerio de Medio Ambiente pola difusión destes proxectos se debe a que van danar gravemente os intereses turísticos e ambientais da Ribeira Sacra e só van resultar beneficiosos para as empresas promotoras que pretenden lucrarse a costa dos habitantes desta comarca", sinala a organización ecoloxista, ao tempo de recalca que "estas infraestructuras non van crear postos de traballo na zona, e van ter como consecuencia nunha paralización dos catamaráns turísticos nos anos que duren as obras".

Así mesmo, recorda ADEGA que nestes momentos tamén se atopa a información pública o proxecto Os Peares III, que inclúe o baleirado do encoro dos Peares durante anos, e a xeneración de 77.000 m3 de escombros no corazón da Ribeira Sacra, nunha zona que tamén pode sufrir o impacto da construcción da autovía A76.
"Se estas obras se levan adiante poderían supor a fin da Ribeira Sacra tal e como a coñecemos hoxe e acabando co incipiente turismo rural e coas posibilidades de desenvolvemento sustentábel dunha das comarcas con maiores valores naturais e patrimioniais de Galiza", asegura ADEGA.

A asociación ecoloxista anuncia que, "para evitar estes negativos proxectos e canalisar os nosos esforzos e propostas ADEGA convocará a distintas asociacións e institucións da comarca a constituir unha Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra".

Volver atras
Imprimir Página