Home  
 
 
 
 
Visto e prace ao expediente de contratación do proxecto para mellorar o contorno das Burgas. Así o acordou a Xunta de Goberno deste xoves, que lle da para adiante ao proxecto de Tenencia de Alcaldía. Son 232.000 euros para a primeira fase do proxecto que deseñou o arquitecto César Portela para este espazo emblemático da cidade, e que contempla diversas labores de mellora do mesmo. Así mesmo, atendendo aos 200.000 euros aprobados este mércores no Congreso dos Deputados a través dunha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado, déuselle luz verde a contratación da empresa executora de obras no Muíño da Veiga. 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Aprobado o proxecto para mellorar o contorno das Burgas e as obras do Muiño da Veiga
26 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"De cara á  dignificación dun lugar senlleiro en Ourense tradicionalmente esquecido polos gobernos anteriores, a Tenencia acometerá neste área a contrución dun mirador con pérgola nas escaleiras de Calpurnia Abana". Así o anuncia Tenencia de Alcaldía despois de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense lle dera o visto e prace a proposta do departamento de Sánchez Vidal.
Así mesmo, procederáse ao tratamento vexetal do muro do Colexio das Xosefinas, colindante coa Burga de Abaixo, así como a mellora do pavimentado. Instalaránse tamén 40 candeeiros, dotando a este espazo dun sistema de alumeado mellorado e de calidade.

Trátase da actuación incluída na primeira fase do proxecto que o arquitecto César Portela deseñou para este "espazo emblemático da cidade", sinala Tenencia de Alcaldía, e que  contempla diversas labores de mellora, dotadas cun orzamento de 231.999,69 euros.

Muiño da Veiga e Glorieta de Ramón Puga

Así mesmo, atendendo aos 200.000 euros aprobados este mércores no Congreso dos Deputados a través dunha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado, déuselle luz verde a contratación da empresa executora de obras no Muíño da Veiga. 
A subvención, que corre de conta  do Ministerio de Industria destinará 25.391, 19 euros a construcción de vestiarios con taquilla nestas pozas da marxe dereita do Miño, unha vella demanda dos bañistas que por fin vese cumprida.

Tamén se aprobou este xoves o plan de seguridade e saúde das obras de construción da glorieta na rúa Ramón Puga, necesaria para a reordenación do tráfico nos acceso aos Complexos Hospitalario de Ourense. Este é o último paso preciso para a execución destas obras, que se prevén comecen a semana que ven. 

Volver atras
Imprimir Página