Home  
 
 
 
 
A Concellería de Medio Ambiente levará a cabo unha mellora e ampliación do Parque Infantil do barrio do Polvorín, cunha achega de 53.000 euros. A reforma adxudicarase na Xunta de goberno da vindeira semana, e está previsto que se inicien as obras a partires de primeiros de outubro. Algunhas melloras da intervención serán garantir unha maior accesibilidade entre o paseo do río e o parque e distribuir os espacios existentes nunha área lúdico-depotiva.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente
O Concello de Ourense habilitará 53.000 euros para a remodelación do Parque Infantil do Polvorín
25 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense adicará unha partida de 53.000 euos para a mellora e ampliación do Parque Infantil do barrio de O Polvorín. Sinala o Concello que con esta medida mellorarase considerablemente a accesibilidade dende o paseo do río ó parque Barbañica, e a área de xogos se convertirá nun espacio lúdico-deportivo con dúas zonas divididas, unha de xogos infantís e outra destinada a persoas maiores.
A estas modificacións hai que sumar a incorporación de mobiliario urbán, a mellora do rego existente, a modificación do peche actual e a prantación dunha pradeira de céspede con camiño. A remodelación ampliará o espacio existente actualmente creando un paseo en sombra, que se convertirá nun mirador sobre o paseo do río.

O obxectivo da intervención é, segundo os técnicos da Concellería de Medio Ambiente, "mellorar as condicións actuais da zona". A iniciativa forma parte dun programa de mellora de zonas verdes existentes: "as zonas verdes non só hai que crealas, hai que coidar o deterioro e mellorar as xa existentes, actuando tamén na mellora do diseño do espacio", sinálase dende o departamento de Demetrio Espinosa.

O propio concelleiro salientou que a remodelación "é unha vella reivindicación dos veciños do Polvorín. Dende que existe esta zona verde –a única zona verde do barrio con espacio lúdico- nunca se mellorou, e está sumamente degradada. Hai que aproveitar mellor un entorno tan privilexiado".
Esta medida compleméntase co compromiso por parte do alcalde Francisco Rodríguez e do propio edil de Medio Ambiente, de facer realidade un espacio axardinado para ocio e descanso na zona das Camelias, baixo a ponte de Marcelo Macías.

Volver atras
Imprimir Página