Home  
 
 
 
 
O BNG solicita que se lle incoe expediente administrativo e sancionador á empresa Geseco, adxudicataria do servizo de recollida de lixo no Concello de Barbadás. Segundo sinalan os nacionalistas de Xosé Manuel Fírvida, a empresa chega a facer a recollida do lixo sin selección de ningún tipo, xa que no mesmo camión viaxan os residuos orgánicos, os plásticos e as latas. Para o BNG neste Concello, o comportamento da empresa, consentido polo Goberno municipal, "é inadmisíbel".
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Xosé Manuel Fírvida
En Barbadás os veciños fan recollida selectiva do lixo, pero a empresa mistura todo no camión
25 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo do BNG no Concello de Barbadás califica de "inadmisíbel" o feito de que a empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo misture no mesmo camión cartón, latas e materia orgánica, cando "os cidadáns fan o esferzo de separar os envases dos productos, e os depositan en distintos contedores", sinalan os de Xosé Manuel Fírvida. O BNG acusa a empresa Geseco encargada da recollida do lixo, de romper deste xeito a cadea de reciclaxe, polo que piden o Concello que dirixe o popular Freire Couto que, de entrada, sancione a empresa.
 
O BNG sinala que a situación non lles colle de novo, xa que "cando o pasado ano se iniciou o proceso de privativación deste servizo e se lle adxudicou a Geseco, o BNG  manifestou a sua desconfianza sobre esta empresa dado que eran moitas as denuncias feitas noutros concellos pola sua nefasta xestión".
Agora, sinala o Grupo do BNG, Geseco "está a incumplir o contrato de adxudicación", polo que os nacionalistas esixen ao Concello "que se investiguen as prácticas da empresa na recollida do lixo, que se depuren responsabilidades e que, inclusive, se valore a posíbel rescisión do contrato de adxudicación".  

Volver atras
Imprimir Página