Home  
 
 
 
 
  Esta actividade ten como obxectivo a apreciación dos valores das obras literarias consideradas por crítica e lectores como as máis relevantes na historia da literatura universal, sinala Caixanova, a entidade convocante. O Obradoiro vaise celebrar o mes vindeiro e o de novembro, e tódalas persoas interesadas no tema xa poden formalizar a súa matrícula. O obradoiro, que dispón de 20 prazas, está dividido en 5 sesións.
 
 
Caixanova abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Lectura Gústache ler?
23 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Obradoiro de Lectura Caixanova Gústache ler? vaise celebrar os días 22 e 29 de outubro e 5, 12 e 19 de novembro, ás 18.15 horas, no Centro de Desenvolvemento Caixanova en Ourense. As persoas interesadas en participar poden formalizar xa a súa matrícula en calquera sucursal de Caixanova, segundo ven de anunciar a entidade que organiza esta actividade.
Actividade que, sinálase, "ten como obxectivo a apreciación dos valores das obras literarias consideradas por crítica e lectores como as máis relevantes na historia da literatura universal".

Nas clases traballarase sempre a través da lectura dos propios textos producidos por algúns dos mellores escritores, acompañada por explicacións orientativas.

O obradoiro, que dispón de 20 prazas, está dividido en 5 sesións cun programa que fará un percorrido desde os textos clásicos, como “A Ilíada” ou “A Odisea”, pasando polos grandes clásicos como Shakespeare, Dante ou Cervantes, o realismo ruso da man de Dostoievski ou Tolstoi, sen esquecer a Kafka e Herman Hesse, ou os clásicos da literatura inglesa como Dickens e Joyce.
Tamén haberá espazo para a literatura americana como Melville o Faulkner, a francesa con Proust e Camus e finalizará o curso cunha visión da literatura hispanoamericana baseada en autores como Vargas Llosa ou García Márquez; portuguesa, con escritores como Pessoa ou Saramago, e unha perspectiva da literatura galega e infantil e xuvenil.

 
Volver atras
Imprimir Página